Xerardo AgraFoxo. Este libro comeza coas primeiras eleccións autonómicas de 1981 que levaron á Presidencia da Xunta a Fernández Albor da lista da Coalición Popular. Durante esta primeira lexislatura, o autor analiza a crise xurdida pola capitalidade de Galicia, a expulsión de tres deputados nacionalistas por non xurar a Constitución e os problemas derivados pola Foxa Atlántica e a reconversión industrial. Despois analízase a segunda lexislatura, onde Albor se enfrontou con Barreiro Fernández. Unha crise que daría lugar á moción de censura que levaría no 1987 a Fernando González Laxe á Presidencia da Xunta. Unha curta época marcada pola debilidade dun goberno que carecía do apoio dos socialistas de Ferraz. Seguir lendo Pasou o que pasou, de Lito García Lago
Arquivo da categoría: Ensaio
Consumir e (é) consumirse
Fidel Vidal. “Sempre se creu -é a ideoloxía mesma dos mass-media- que son os media os que envolven as masas. Pescudouse o segredo da manipulación nunha semioloxía encarnizada dos mass-media. Pero esqueceuse, nesa lóxica inocente da comunicación, que as masas son un médium máis forte que todos os media, que son elas as que os envolven e os absorben -ou que polo menos non hai ningunha prioridade de un sobre outro. Seguir lendo Consumir e (é) consumirse
Let it Be e as Nagra Tapes
Gonzalo Trasbach. Nestes últimos meses deste ano celebramos o 50º aniversario da publicación do disco que pechaba unha traxectoria incomparable, e á vez rubricaba a disolución do grupo máis relevante e famoso de todos os tempos da historia da música pop: “Let It Be”, unha obra que comezou a xestarse en xaneiro do 1969 e deveu nun avispeiro de especulacións erradas para os anos vindeiros, pero tamén é ao mesmo tempo un rexistro, unha demostración da maxia musical na que vivían instalados os de Liverpool desde 1966. Seguir lendo Let it Be e as Nagra Tapes
Azolla
Xulio Gutiérrez. Non é normal que un fento medre na auga, pero Azolla filiculoidesnon é un fento común. Chegou de sudamérica hai uns anos e chegou para quedarse. É unha das expecies exóticas invasoras máis estendidas do mundo porque combatela é difícil, caro e, ao cabo, inútil. Seguir lendo Azolla