Arquivo da categoría: Ensaio

Cinco lobitos, un millón de ovellas

Cinco_lobitos-443979892-largeIgnacio Castro Rey. Unha cousa é facer un canto poético á lentitude da vida, á súa inanidade. Mesmo filmar, cousa que desespera a algún crítico, como crece a herba. Fíxose no cinema -tamén español- de mil formas e tivo o seu lugar, o seu público, a súa dignidade. Sen ir máis lonxe, lembremos aquela marabillosa En construción, de Guerín. Isto é outra historia. Ata onde puidemos aguantar, Cinco lobitos de Alauda Ruíz parécenos unha apoloxía do fin do mundo, do remate de calquera épica. Estamos desesperados, é certo, pero por agora decidimos non suicidarnos. Así que, despois dunha xenerosa espera, liscamos da sala. E entón ocorreu, xa de noite, que o ceo de Santiago era aínda inmenso. Seguir lendo Cinco lobitos, un millón de ovellas

O meu Bloomsday

picture_13298_400x300_cropPedro Ferrández Rivera. “Hai unha festa na miña mente e espero que nunca se deteña” (Memories can’ t wait. Talking Heads). O antónimo de celebrar é o baleiro, o deserto. O deserto para a vida é como o silencio para a música, un indicativo de que algo ten que cambiar, algo ten que soar. Corrían os anos oitenta e un amigo, que só regala cousas que o apaixonan, envolveume nun papel de agasallo espiritual a recomendación do Ulises de Joyce. Seguir lendo O meu Bloomsday