Fidel Vidal. O sentido dun final, de Julian Barnes (Rinoceronte, 2012), novela de menos de duascentas páxinas, acadou o Premio Booker, está dividida en dúas partes ben definidas. A primeira contén episodios de mocidade, da escola, da relación entre amigos e, especialmente, a estrea de contactos con mozas. “Non me interesa moito a miña época escolar e non a boto en falta. Pero no colexio é onde comezou todo”. Tres amigos, “Colin, Alix e mais eu, Tony Wesbter”, convértense en catro coa integración no grupo de Adrian Finn, “un rapaz alto e tímido” que citaba a Camus e “para quen o suicidio era a única auténtica cuestión filosófica”. Seguir lendo O sentido dun final, de Julian Barnes
Arquivo da categoría: Ensaio
Liquidación emocional e esperanzas marcianas
Ignacio Castro Rey. Unha emoción é “un estado afectivo intenso que aparece de forma súbita e que vai acompañado de cambios condutuais, fisiolóxicos e hormonais pasaxeiros”. Podemos dicir que as emocións e os sentimentos son equiparables, aínda que algúns estudosos definen estes últimos como estados anímicos menos intensos e cunha duración a longo prazo. Seguir lendo Liquidación emocional e esperanzas marcianas
Seminario sobre a memoria histórica. Efectos colaterais
Carlos Cimadevila Álvarez. Ao longo destes anos nos que vimos celebrando o Seminario sobre a Memoria Histórica, dende Nova escola Galega como dos IES de Melide e o Félix Muriel de Rianxo, foron moitos os efectos colaterais que nos aconteceron, tanto positivos como negativos.
En primeiro lugar queremos renderlle un emotivo homenaxe a aquela persoas que xa non están entre nós, Xaquín Yebra Pimentel, Xesús Costa Rodil e Xiana Vilar Sopeña.
Xaquin Yebra, compañeiro e co fundador do Seminario, quen foi recordado no seu IES de Melide Seguir lendo Seminario sobre a memoria histórica. Efectos colaterais
Deledda e Gramsci, a voz con luz propia. A vida comprometida
Xerardo AgraFoxo. Ela naceu no seo dunha familia acomodada, un pai terratenente e unha nai moi relixiosa. Para salvar os costumes da época, que impedían a escola para as mulleres, recibiu clases particulares. Despois converteuse nun exemplo da cultura sarda, aínda que residiu a meirande parte da súa vida en Roma. Na capital italiana concibiu as súas obras, entre elas, Cósima Seguir lendo Deledda e Gramsci, a voz con luz propia. A vida comprometida