Fidel Vidal. A historia comeza onde remata. Unha moza, Sada, leva catro días deambulando como unha somnámbula polas rúas de Tokio portando nas mans un trofeo. Trátase de certas partes anatómicas de Kichi, assúas partes, para entendernos. Cando a detiveron comentouse que amosaba no rostro unha gran felicidade. A escena aseméllase á dun toureiro que acaba de rematar unha faena maxistral. Morto o animal é premiado coas dúas orellas e o rabo. O rabo, o maior galardón que pode acadar un matador de touros. De aí o primeiro título da película: A corrida. Seguir lendo O imperio dos sentidos
Arquivo da categoría: Ensaio
Un can contoume unha historia
Fernando Salgado. Ten a súa casa onde o mar do Freixo, no concello de Serra de Outes, pero foi preciso que se adentrase nel para gañar a vida porque non había máis que miseria na ribeira. Daquela, os camións facían longas colas en Noia, Portosín ou Muros, agardando pola carga de berberechos e ameixas Seguir lendo Un can contoume unha historia
Feria, de Ana Iris Simón
Gonzalo Trasbach. En Feria, a súa primeira obra, unha novela-autobiográfica, Ana Iris Simón (Campo de Criptana, Cidade Real, 29 anos), rende homenaxe ao sentimento comunitario dos seus avós e pais, feirantes e campesiños, fronte ao individualismo nihilista e ao escapismo triunfantes entre nós, ou mellor dito, na sociedade actual. Esta moza xornalista, tras pasar polas revistas “Telva” e “Vice”, ingresará nas listaxes do paro o vindeiro mes de xuño, cando rematará o seu contrato como guionista en “Playz” de RTVE. Para entón espera dar a luz ao seu ou súa fillo/a, polo cal decidiu abandonar Madrid e regresar á vila dos seu familiares. Neste seu debut como escritora, a manchega tributa honores a toda a súa liñaxe, á vez que desmonta o mito dos “millenials” da clase media nacional. Seguir lendo Feria, de Ana Iris Simón
Días sen fame, de Delphine De Vigan
Fidel Vidal. Publicada baixo o pseudónimo de Lou Delvig, Días sen fame (Anagrama, 2001) é a primeira novela de Delphine De Vigan. Nela relata, nunha sorte de confesión catártica, a loita que mantén contra si mesma, contra o seu corpo, contra a imaxe imposible. Trátase dunha obra autobiográfica, a crúa historia dunha rapaza que sufre de anorexia. “Todo sucedeu paulatinamente. Até chegar a iso”. “Até que o frío invadiu o seu corpo, inimaxinable. Un frío que lle anunciaba o final e que tiña que elixir entre vivir ou morrer”. Contada en terceira e en primeira persoa, unhas veces ela e outras Laure. “A delgadeza como un grito”. “Un saco de ósos nunha cama de hospital, iso é o que é. Nin máis nin menos”. A ganancia en peso, en gramos, implica intensos esforzos e moita disciplina. Seguir lendo Días sen fame, de Delphine De Vigan