X. Ricardo Losada. Vou abordar agora a máis difícil e desagradable das entregas desta serie de reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (Axóuxere editora). Prometinme suscitar un debate racional e fértil, renunciando a recorrer a cuestións persoais que un profesor serio de filosofía, como eu pretendo ser, non debera empregar. Pero, neste caso, e sen que sirva de precedente, advirto ao lector, vou acabar este texto contando unha anécdota real que me pasou co profesor Axeitos, e sacando algunha conclusión máis dura do que me gustaría, pois o profesor Axeitos intenta pisarme no penúltimo capítulo do seu libro, Bosquexos biográficos de Manoel Antonio Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (IV)
Arquivo da categoría: Ensaio
Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos
Pilar Sampedro. Henrique Alvarellos é un deses cidadáns indispensables. Na solapa deste libro preséntasecomo escritor, editor e promotor cultural. Todo é certo: este libro está escrito e publicado por el baixo o selo familiar Alvarellos, unha empresa que creara o pai no Lugo de 1977 e que agora dirixe el en Compostela. Promotor cultural tamén, porque parte da súa obra está dirixida á recuperación de feitos e lugares que pon en valor, basta con mirar Santiago, 1909 (a crónica da Exposición Rexional Galega), Os últimos carballos do Banquete de Conxo e Balada ceibe no bosque de Conxo, que xiran arredor do bosque onde se celebrou o célebre banquete e que hoxe está recuperado grazas ao empeño deste activista. Seguir lendo Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos
Aproximacións a Manoel Antonio (III)
X. Ricardo Losada. Recórdolle ao lector que esta serie de textos transcriben pequenas reflexións que me provocou o libro de Xosé Luís Axeitos, Aproximacións a Manoel Antonio (Editorial Axóuxere, 2020). No primeiro solicitaba que Axeitos aclarase por que cría que Manoel Antonio non protestara polas graves manipulacións que o editor Ánxel Casal fixo do seu manuscrito de De catro a catro. No segundo reveláballe que, ao meu entender, cae con frecuencia na falacia de petición de principio: inclúe nas premisas das súas argumentacións, as conclusións ás que quere chegar. Neste terceiro vou tratar unha afirmación de Axeitos na que di que o poeta rianxeiro tiña unha actitude estilística, psicolóxica, ética e política de perfeccionamento, incompatible con certos sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (III)
Algunhas xoias da colleita do 71
Gonzalo Trasbach. Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova década, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tráxica coroación dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival de Altamont en San Francisco (USA). Seguir lendo Algunhas xoias da colleita do 71