Arquivo da categoría: Ensaio

As primeiras fábricas de conserva

Noia. Fábrica de conservas La Noyesa.
Noia. Fábrica de conservas La Noyesa.

Pedro García Vidal. A situación da industria pesqueira nos anos centrais do século XIX caracterízase polo paso da salgadura ao tratamento e posterior enlatado do peixe. As primeiras fábricas de conservas que se instalaron en Galicia datan dos anos 40 do século XIX. Na segunda metade do século a salgadura comezou a quedar atrás. Seguir lendo As primeiras fábricas de conserva

A filla de Tosltói

Xerardo AgraFoxo. Preto da Porta de San Paolo e a carón da Pirámide de Caio Cestio, atópase, entre alciprestes estilizados e outras árbores centenarias, o Cemitero Acattólico.  Despois de trescentos anos de soterramentos nel descansan, amáis de Alberto Camilleri, Antonio Gramsci e Darío Bellezza, os poetas John Keats e Percy B. Shelley. O primeiro morreu en Roma, logo de deixar na súa terra a súa amada Fanny Brawne, para curar unha tuberculose imposíbel. Tiña 25 anos. Na súa lauda pode leerse o inmortal epitafio: “Aquí xace un home cuxo nome escribiuse na agua”. Shelley morreu un ano despois, cando naufragou o seu veleiro Ariel fronte ás costas de Liguria. Aínda non cumprira os 30. Seguir lendo A filla de Tosltói

Antropofobia

imagesIgnacio Castro. Á marxe da piedade obrigada cara a todos os seres que sofren, é difícil non vincular a temática social do “trans”, de cuxa fobia podemos hoxe acusar a calquera que argumente valores morais de reserva, coa nosa vocación contemporánea de liquidar todo o que sexa gravidade, referencia natural ou punto fixo. Díxose xa hai tempo que a nosa é unha cultura do tránsito, do aprazamento perpetuo e a deconstrución de calquera intensidade real. Este é o motivo de fondo da posverdade Seguir lendo Antropofobia