X. Ricardo Losada. Sempre admirei ese costume francés de regalar nas festas de Nadal o que eles chaman beaux livres (libros fermosos), é dicir, libros de gran formato, con moitas ilustracións de cores moi logrados, papel cuché e encadernados en tapa dura, de impresión moi elaborada, e variadas temáticas, desde a gastronomía á caza, pasando pola arte ou o cine, e que invitan máis a ser ollados e folleados, que a ser lidos. Seguir lendo Paxarada, de Amancio Losada
Arquivo da categoría: Ensaio
Paco Casal: Un diletante da pintura

Eme Cartea. Cando un aborda un autor das artes plásticas debe facelo co ánimo poroso e a ollada instigante, propia de terreos versátiles, por canto nos movemos nas fírgoas da indefensión, entre a obxectividade do real e a subxectividade da ollada. Seguir lendo Paco Casal: Un diletante da pintura
Historias de Filadelfia
Marina Losada Vicente. Nunha época de certa tensión entre nós, meu pai, amante do cine clásico, recomendoume ver Historias de Filadelfia, coa premisa de visitar o espello da protagonista. Aclaroume que non se trataba de que as dúas estabamos divorciadas. Debería fixarme nos cambios que Tracy Lord experimenta, despois de todo o enredo, para acabar entrando en certa sazón. Busquei información sobre a trama da película, que recordaba vagamente, e puiden ler que a heroína ten un temperamento indómito, mandón, vaidoso e caprichoso. A comedia termina cunha “señorita” máis dócil e considerada, disposta a tomar as rendas da súa vida. Seguir lendo Historias de Filadelfia
Antonio Novo Campelo, un médico de Muros
Pastor Rodríguez. Antonio Novo Campelo naceu en Muros en 1878 e licénciase en Medicina en Compostela en 1901. En 1904 era xa Director de Baños e estivo dirixindo os de Verín, A Toxa e Baños de Molgas. En 1909 gañou a Cátedra de Terapéutica na universidade de Zaragoza e, ao ano seguinte, trasladouse á de Santiago. Amais diso, ampliou os seus coñecementos en universidades de Alemaña. Foi un dos grandes hidrólogos da Galicia do século XX, con moito prestixio fóra do noso país. Especialista en Crenoterapia e Hidroloxía Médica, colaborou nas revistas Medicina y Cirugía, Boletín de la Universidad de Santiago, Galicia Clínica e Anales de la Sociedad Española de Hidrología Médica. En 1918 publicou en Compostela Valor de La Estrada como estancia climatérica de altura media. Seguir lendo Antonio Novo Campelo, un médico de Muros