Historias de Filadelfia

imagesMarina Losada Vicente. Nunha época de certa tensión entre nós, meu pai, amante do cine clásico, recomendoume ver Historias de Filadelfia, coa premisa de visitar o espello da protagonista. Aclaroume que non se trataba de que as dúas estabamos divorciadas. Debería fixarme nos cambios que Tracy Lord experimenta, despois de todo o enredo, para acabar entrando en certa sazón. Busquei información sobre a trama da película, que recordaba vagamente, e puiden ler que a heroína ten un temperamento indómito, mandón, vaidoso e caprichoso. A comedia termina cunha “señorita” máis dócil e considerada, disposta a tomar as rendas da súa vida.

Quedo perplexa. En que podo parecerme eu á personaxe que interpretou Katharine Hepburn? Que viu papá de min nela? Indómita. Mandona. Vaidosa. Caprichosa.

De reproducir todo o que me veu á cabeza, ao acabar de ver de novo a película, daría, polo menos, para unha novela curta. Intolerante, divina, inalcanzable & excepcional, grande, luminosa. Onde estou eu? A estas alturas da vida, de escribir a miña historia, no canto de espremerse en vinte e catro  horas, como na longametraxe, pasaría de tres décadas.

Es unha muller excepcional… de carne e óso… a definición coa que me queda das moitas que nos agasalla, sobre a cuestionada protagonista, o filme. Decido que, se meu pai segue véndome así -sen amansar- aos meus sesenta anos, o que quixo foi gabarme. A boa hora ía animarme a madurar!

 

2 comentarios en “Historias de Filadelfia

  1. Para moitos homes, o avance das mulleres é vivido como unha perda na propia autoestima. Penso que as películas da súa xuventude tiveron un marcado papel. Víronse a sí mesmos como os pais de familia dos ranchos americanos, aos que ninguén se atrevía a cuestionar… Non queren ou non saben deixar atrás esa imaxe? A Fierecilla domada! Bicos, Magdalena.

  2. Non fai moitos meses releín a novela do xenial dramaturgo noruego Hennrik Ibsen, “Casa de muñecas”. Esa obra foi moi polémica porque a protagonista foi o referente dunha certa idea da emancipación da muller. Foi un escándalo naquela época porque pensaban que se trataba dun alegato en contra do matrimonio cando non era así. A protagonista Nora, – se mal non recordo o seu nome – simplemente quería ser independente, demandaba liberdade, facer as cousas ao seu libre albedrío. Cousa que o home non llo permitía.
    En casos así, hai que ser como ti dis: “sen amansar”.
    A “Fierecilla domada” de “Shakespeare” está moi ben para rirse un pouco con ela, pero só eso.

    Biquiños palmeiráns, querida Marina, e que os reis magos se porten ben contigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>