Antonio Novo Campelo, un médico de Muros

O Escritor. Tratado_de_farmacologia_experimental_y_terapeutica jpgPastor Rodríguez. Antonio Novo Campelo naceu en Muros en 1878 e licénciase en Medicina en Compostela en 1901. En 1904 era xa Director de Baños e estivo dirixindo os de Verín, A Toxa e Baños de Molgas. En 1909 gañou a Cátedra de Terapéutica na universidade de Zaragoza e, ao ano seguinte, trasladouse á de Santiago. Amais diso, ampliou os seus coñecementos en universidades de Alemaña. Foi un dos grandes hidrólogos da Galicia do século XX, con moito prestixio fóra do noso país. Especialista en Crenoterapia e Hidroloxía Médica, colaborou nas revistas Medicina y Cirugía, Boletín de la Universidad de Santiago, Galicia Clínica e Anales de la Sociedad Española de Hidrología Médica. En 1918 publicou en Compostela Valor de La Estrada como estancia climatérica de altura media. Relacionada tamén coa hidroloxía está a conferencia Sobre el agua mineral como agente terpéutico, editada en Santiago en 1913, ano no que tamén publicará Tratamiento de la epistalasis. A súa tese de doutoramento aparecera en 1903 co título Reducción cruenta de las luxaciones traumáticas irreductibles. Xa contra o final da súa vida publicou, en colaboración con R. Villarino Ulloa, un Tratado de Farmacología Experimental y Terapéutica, que saíu do prelo en Compostela no ano 1943. Faleceu en Santiago en 1948.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *