Arquivo da categoría: Ensaio

Limiar Anuario Barbantia 2020

barbantia-2020-anuarioX. Ricardo Losada. O día que me recordaron que tiña que escribir o limiar deste anuario estaba lendo o facsímile do primeiro número de Nós. Boletín mensual da cultura galega que o xornal Nós Diario publicou o mesmo día, o 30 de outubro, que saíra o orixinal en 1921. Cumpríanse cen anos do comezo dunha aventura intelectual e política, no mellor sentido da palabra, que eu admiraba moito. Seguir lendo Limiar Anuario Barbantia 2020

Beleza sucia

paraisoFidel Vidal. A novela de Antón Riveiro Coello, O paraíso dos inocentes (Galaxia, 2020), premio Torrente Ballester 2019, envolvente e suxestiva, lévanos da man de persoas entrañables e non de personaxes, de vidas aventuradas, de sacrificios e de esperanzas que non vou comentar nesta achega. Se acaso, e por sinxela asociación de palabras e ideas, quedei atrapado nalgunha das expresións que me convidaron a un descanso, unha pausa para pensar. Nesta ocasión unha paradiña sobre a “beleza” do tráxico e na traxedia que implica a destrución. Ou mesmo da pobreza (Sebastião Salgado, arte povera) e que pode acadar, sen relación ningunha coa denominada sublimación pola psicoloxía, unha forma de arte. Seguir lendo Beleza sucia

Noia e Muros. Paisaxes urbanas de séculos. II, de Pedro García Vidal

PEDRO 001Xerardo AgraFoxo. Este libro é a segunda parte da Tese de Doutoramento que defendeu o autor, na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago no ano 2012, sobre a evolución da paisaxe urbana na ría de Muros-Noia. O conxunto daquel traballo monumental abranguía un período de máis de oitocentos anos, dende o xurdimento destas vilas como enclaves pesqueiros até os nosos días. Nesta obra estúdase polo miúdo a poboación desta comarca, os cambios realizados no seu espazo urbano, a aparición dos Plans Xerais de Ordenación Urbana, a protección da paisaxe histórica e a desconfianza na planificación dos modelos de urbanismo. Seguir lendo Noia e Muros. Paisaxes urbanas de séculos. II, de Pedro García Vidal