Antonio Piñeiro. Deixoume un inusual pracer a exposición de Luis H. Hernández. Desde a súa admiración daliniana, a súa vocación diverxente e o seu taller de Puerto Seguro, tráenos unha deliciosa visión da realidade múltiple, a través dun orixinalísimo encaixe nas liñas do realismo máxico. Seguir lendo Maquinismo e maxicorrealismo
Arquivo da categoría: Ensaio
Máscaras
María Xesús Blanco. Ai, que sensación tan estraña os primeiros días! Baixando do autobús coas bocas tapadas e mantendo a fila coa distancia de seguridade. Despois nos pupitres das súas aulas, ben separados. E antes de entrar, o xel desinfectante. Os recreos nun patio dividido en espazos e sen poder compartir xogos con nenos e nenas doutros grupos. Así e todo, un bule bule nos dedos polo reencontro cos compañeiros da mesma idade. Os seus ollos transmitían unha mestura nerviosa de perplexidade e ledicia. Seguir lendo Máscaras
Inmune, impune
X. Ricardo Losada. Un día o poeta R.M. Rilke baixou a cortar rosas no castelo de Murot recordando que Tolstoi, a quen visitara persoalmente, se perfumaba acariciando as flores. Pouco despois pinchouse cunha delas e sangroulle a man esquerda. Ao día seguinte a infección xa lle chegara ao cóbado. O primeiro síntoma dunha enfermidade que o acabaría matando. Nalgún momento da súa vida Rilke dixera: “O amor vive nas palabras e morre nas accións”. Seguir lendo Inmune, impune
Nick Cave: novo disco e obra lírica (II)
Gonzalo Trasbach. “Obra lírica completa” (1978-2019), editado por Libros del Kultrum. Segundo nos ten dito o grande poeta Wystan Hug Auden (21, febreiro, 1907-29, setembro, 1973) a experiencia traumática non é un accidente, senón a oportunidade que o neno está agardando pacientemente; de non ter sido esta, habería outra para que a súa vida se convertese nun asunto serio. A morte do seu pai, acontecida cando só tiña 19 anos, foi a experiencia traumática de Nick Cave, unha doenza clave para que buscase darlle unha forma á dor que lle causaba, para, mediante a linguaxe, levantar un templo cos materiais da ausencia que o torturaba, unha experiencia que lle deixou un baleiro que só o relixioso, o sagrado ou Deus podía encher Seguir lendo Nick Cave: novo disco e obra lírica (II)