Arquivo da categoría: Ensaio

Historias de Selene

Lúa chea dende Compostela FOTo Carmen Docampo
Lúa chea dende Compostela FOTo Carmen Docampo

Jose Lires. A Lúa é un globo que se me escapou. Con esta cantarela, moitos nenos e nenas da miña xeración dabamos boa conta da merenda paponeando diante do televisor. O poema musicado de Gloria Fuertes coincide no tempo -estamos a falar dos anos 70 do século pasado- coa teoría científica máis aceptada sobre a orixe da Lúa. A metáfora, intencionada ou non, desvela a filiación do astro. Seguir lendo Historias de Selene

E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger

berger2Fidel Vidal. Dividida en dúas partes -a primeira trata do tempo (1/Unha vez), e a segunda do espazo (2/Aquí)- o pequeno pero intenso volume de John Berger (E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, Hermann Blume, 1986) mergúllanos nunha profunda e intimista análise sobre temas de sempre, filosóficos se queredes, nos que o autor ponnos diante do espello co obxecto -coido que sen buscalo- de que reflexionemos ante as eivas que nos envolven. Ensaios e poesía van da man nesta recomendable obra, na que se atopan ademais achegas sobre Van Gogh e Caravaggio. Seguir lendo E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger