Arquivo da categoría: Ensaio

Pustina

12X. Ricardo Losada. Unha das sorpresas máis agradables que me trouxo o confinamento foi descubrir un mundo, o das series de televisión, no que, por unha mal entendida fidelidade ao cine, sempre me negara a entrar. Creo que non desfrutaba tanto as historias, polo puro e simple pracer de que me contasen unha historia, desde que era neno e ía ao cine da miña vila. Mesmo me acabou encantando ese tempo morto, nunca superior a un día, agardando (adoito velas de dous en dous) Seguir lendo Pustina

Ollos divinos

ollo1Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando a esposa do bo Shiva se lle acercou por detrás para pecharlle os ollos bromeando (quen son eu?), o sol apagouse, e entón el fixo nacer un terceiro ollo na fronte, co que podía velo todo a través do tempo, entender o pasado e prever o futuro, representado na actualidade con esa especie de lunar que os seus devotos portan no lugar “onde reside a sabedoría”, para retela. Entre nós comparamos o prezo ou a carestía das cousas co valor dun ollo da cara, e non é para menos, pero, canto custa este? Seguir lendo Ollos divinos