Fidel Vidal. “Cando deixa de haber guerras? O Orleanesado ocupárono os celtas, os xermanos, os romanos (…), os vándalos, os alanos, os francos, os normandos, os ingleses, os alemáns, os americanos”. Así comeza As neves de antano (A ocupación americana), de Pascal Quignard (Círculo de lectores, 1997), nunha prosa exquisita e pulcra, na que navegan á par datas históricas e vidas íntimas. Vai de amores de mocidade, de frustracións, Seguir lendo As neves de antano, de Pascal Quignard
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXVIII. Manuel González Prada
Román Arén. Aproveitando o coronavirus e que o río Pedras pasa pola Pobra do Caramiñal, noto na miña biblioteca que esquecera a Manuel González Posada, figura moi importante na literatura do Perú de fins do XIX e comezos do século XX. Foi un anovador da métrica e a estrofa peruanas (rondel, balada, triolet) pero que soubo tamén empregar de xeito coloquial as letrillas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXVIII. Manuel González Prada
Carta a unha lectora
Pilar Sampedro. “Co agradecemento a todos os citados, sen recoller as súas palabras exactas.” Os libros son para valentes, dixérao Pedro Feijoo, nun texto co que agasallou as bibliotecas escolares polo Día do Libro do ano 2016. El contaba que as historias poden arrastrarnos dentro dunha treboada, facernos chorar ante unha vida que se apaga, facernos rir ata desencaixarnos a mandíbula, arrebatarnos, cambiarnos a vida. Seguir lendo Carta a unha lectora
Hipocondríaco
X. Ricardo Losada. Unha das cousas boas que me trouxo a crise do coroavirus foi decatarme de que teño mans. Antes usábaas acotío, pero da mesma forma automática e distante coa que uso o aparato dixestivo ou o corazón. Incluso ao principio da crise, cando as autoridades sanitarias recomendaban lavalas, pero vía con soberbia occidental a epidemia en China, limitábame a enxaboalas Seguir lendo Hipocondríaco