Antón Riveiro Coello. Escoitei os aplausos nas fiestras e erguinme axiña para ver o móbil desa euforia que madrugaba ás oito da mañá. Cando abrín o balcón e vin o estoupido unánime dos aplausos, acompañados de vivas e apupos, sospeitei que algo extraordinario ocorrera e prendín a radio. O locutor mudara a súa voz sensata por outra rouca que berraba o nome dunha muller á que lle había que dar, xa, o premio Nobel. Seguir lendo A vacina dos soños
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVII. Torres Villarroel
Román Arén. Figura importante da literatura española, Diego Torres Villarroel, nacido en Salamanca en 1696, é hoxe moi estudado como prosista, sobre todo polos Sueños morales y visitas de don Francisco de Quevedo e pola súa autobiografía publicada en 1743 e varias veces reeditada no seu século. Pero foi tamén dramaturgo e poeta xocoso e satírico, recollendo os seus poemas en Ocios políticos en poesías de varios metros. Non faltan as alusións a Santiago e ao Camiño Xacobeo na obra do Gran Piscator de Salamanca, e así un dos textos seus é o “Viaje a Santiago”: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVII. Torres Villarroel
Un conflito entre bilabiais
X. Ricardo Losada. Supoño que a moitos pais lles pasaría o mesmo que a Alejandro Zambra, iso que tan ben narra no seu moi recomendable libro Tema libre: Pero igual me complace anunciar aquí que la primera palabra pronunciada por mi hijo, hace ya varias semanas, fue la palabra papá. La dice todo el tiempo, es la única palabra que dice. Todavía le cuesta, eso sí, articular la bilabial oclusiva sorda p, por lo que momentáneamente la reemplaza por la bilabial nasal sonora m. Non me digades que non é xenial! Un pode reconstruír a partir desa irónica anécdota o conflito entre maternidade e paternidade de toda a historia da humanidade, e moitos dos conceptos principais da obra de Freud Seguir lendo Un conflito entre bilabiais
Recordatorio de Ian Curtis e de “Closer”
Gonzalo Trasbach. O pasado luns cumpríronse corenta anos do suicidio de Ian Curtis, o enigmático cantante de Joy Division, icónica banda do post-punk británico. Dous meses antes do fatídico desenlace gravárase “Closer”, xustamente un pouco despois do sete polgadas Love Will Tear Us Apart. Sobre unha poética sombría, un desarraigo emocional, unha desolación existencial e un furioso nihilismo tecía as súas paisaxes sonoras Ian Curtis (Manchester, 1956). Seguir lendo Recordatorio de Ian Curtis e de “Closer”