Arquivo da categoría: Ensaio

Abstracto para «Á sombra da cinza»

Ilustración da capa do novo libro de Vidal
Ilustración da capa do novo libro de Vidal

Antonio Piñeiro. O pensamento é adoito un estorbo. Isto, que lemos nalgún libro de psicoloxía, proporcionounos unha vez a clave da interpretación da plástica directa, a da inmediatez, do xesto e, malia o paradoxo, da idea libre: da idea que, séndoo, voa sobre os desordenados recullos da conciencia emocional. Seguir lendo Abstracto para «Á sombra da cinza»

A terraza indiscreta

unnamedX. Ricardo Losada. O primeiro día de confinamento, nada máis acceder á terraza do meu ático con intención de ler, veume á cabeza unha película que había moitos anos que non vía, A ventá indiscreta, de Alfred Hitchcock, con James Stewart e Grace Kelly. O protagonista, un fotógrafo profesional, confinado nunha cadeira de rodas no seu piso porque ten unha perna rota Seguir lendo A terraza indiscreta

Pipicán

Este servizo para mascotas está instalado nun aeroporto internacional
Este servizo para mascotas está instalado nun aeroporto internacional

Xulio Gutiérrez. «The times they are changin» (os tempos están cambiando) dicía o Premio Nobel de literatura Bob Dylan. As familias tamén. Cada vez hai máis familias con fillos caninos e menos familias con fillos humanos. Aquí van uns datos reveladores: no pasado ano 1919 estaban rexistrados en Galicia 470.468 cans e 323.433 persoas menores de 15 anos. Seguir lendo Pipicán