Imitando a mamá

Irritación-en-las-axilasMarina Losada Vicente. Este domingo, a mamá permítese un baño de escuma. Longo. Quente. Relaxante. A nena, que xoga entre o corredor e a sala, míraa cando sae da bañeira. Núa. Non se para, afeita a esa figura, redondiña e suave, que tanta seguridade lle transmite. Na seguinte volta do xogo, a nena mira a súa nai secando o pelo, cuberta cunha toalla que lle chega aos xeonllos. Segue a nena ao seu, ata que deixa de escoitar o runxerrunxe do secador. Pícalle a curiosidade do silencio. A nai, que deixou de cantaruxar a canción infantil que é agora murmurio, volve estar espida. Colle desodorizante en spray e bótase nos sobacos. Unha fragrancia a lavanda, que a nena recoñece de inmediato, inunda o baño. A nai mira para a porta e a nena, como quen non ten interese algún no que mira, desaparece.

Cando a nai sae, a nena colle o desodorizante do estante no que quedou. Saca toda a súa roupa e bota esencia de lavanda nuns sobacos que empezan a ter algo de peluxiña. Sen pensalo, por comparación peluda ou mesmo polo concepto de zonas íntimas, pouco expostas ás miradas, espalla un bo chorro de lavanda perfumada na pube, segura de que así o faría mamá.

Sorte que estaba espida. Sorte que a bañeira aínda estaba a medio librar. Sen un berro de alarma, sabendo que lle rifarían, botouse dentro da auga desesperada, de tanto que lle picaba a súa propia intimidade.

3 comentarios en “Imitando a mamá

  1. Marina: Cierto que las niñas suelen imitar mucho a sus mamás aunque, en ocasiones, salgan “malparadas” por querer llevar a cabo lo que realmente desconocen. Menos mal que la bañera estaba mediada, pudiendo así aliviar su intimidad, ya que un chorro de lavanda por esa zona, por mucha fragancia que tenga… Como para salir “escopetada”.

    Como siempre, un placer leerte.

    Desde Palmeira, un beso con mascarilla.

  2. Bo día: De nena chamábanme “Antoñita la fantástica”, por unha colección de libros dos que seguro te acordas, Magdalena. Cos anos pérdense todas as boas cualidades, e con eles perdín o poder máxico da fantasía. Agora o que fago é botar man da memoria. Foi ela a que trouxo esta historia á miña cabeza. Unha vez recuperada, en canto pasa polas mans e o teclado, de ser posible, engado un toque de humor. Cando o texto se deixa. Bicos.

  3. Xa me imaxino o que te estarás rindo cando escribes historias coma esta. Espero que non sexa un relato verídico, pois eu o ano pasado afanei un figo chumbo que nunca había probado e quixen coñecer se sabía así de ben como dicían. Estuven dous días sacando espiñiñas da boca e parecía que me deran unas fregas con ortigas. Imaxínome que a aquél antibateriano dende aquel día, a rapaza lanzaríalle miradas rencorosas coma as que eu lle tiro a figueira chumba cando paso por aquel lugar.
    Mil biquiños Marina, quero releelo para rirme outro pouco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>