Arquivo da categoría: Ensaio

Premio Fina Casalderrey de Literatura pola Igualdade

51Z-yaHSXjLPilar Sampedro. A editorial Baía, demostrou o seu interese e sensibilidade cara ao tema da muller e da igualdade ao poñer en marcha a colección “Contos da Igualdade” cos títulos: Un día de treboada, Alfombriña; Nera, a Ferreira, O meniño Nito; Entón, os homes choran ou non?, e o exitoso, Xela volveuse vampira, de Fina Casalderrey.

Hai un par de anos avanzou nese ámbito ao crear o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Na primeira convocatoria resultaron ganadores, ex aequo, os libros: A reconquista de Antía Yáñez e Vermella de Sabela Losada. Seguir lendo Premio Fina Casalderrey de Literatura pola Igualdade

Atlas, de Alba Cid

9788491514121X. Ricardo Losada. A poesía non é, nin moito menos, o xénero ao que máis tempo dedico, pero si o que me depara momentos de maior pracer intelectual, e no que podo desfrutar con máis paixón dos extremos, desde os poemas máis claros e cristalinos de Rosalía ata os máis escuros e crípticos de Manuel Antonio, desde os máis románticos de Neruda aos máis sucios de Bukowski, desde os máis sentimentais e líricos de Rubén Darío aos máis prosaicos e narrativos de Anne Carson. E prodúceme ese pracer, seino, porque non entendo moito de poesía, e leo os poemas como cartas que me manda un amigo ao que só lle esixo, máis alá da súa forma de expresarse, que sempre respecto, a maior das sinceridades. Seguir lendo Atlas, de Alba Cid

Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave

5099909572423Gonzalo Trasbach. Os que gustamos da música pop contemporánea tamén nos interesamos polas rexoubas que arrodean os nosos cantantes ou grupos favoritos e coñecemos os medios para conseguir este tipo de informacións ás veces un tanto banais, pero que dan moito xogo. Pois ben, hoxe imos escribir sobre un rumor do que se falou dabondo no seu tempo. Fai 25 anos que se soubo que Nick Cave, o líder dos Bad Seeds, e mais Polly Jean Harvey viviron ao parecer unha relación amorosa bastante turbulenta Seguir lendo Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave