Fidel Vidal. Aplaudir, aplauso, do latín plaudere, significa ‘golpear’ unha man contra outra. Segundo o dicionario chámase aplauso ao acto ou efecto de aplaudir, é dicir, “de bater as palmas ou dar vivas de aprobación, de admiración, adhesión, etc”. Noutras acepcións, “aprobar con entusiasmo” ou “apoiar calorosamente”. É unha acción imprevista e franca de celebración diante dun acontecemento. Como país de aplaudidores, aplaudimos por case todo. Apláudese un gol de Messi, a interpretación dun actor, dun cantante, a resposta acertada dun concursante da tele, un bico dos noivos, o discurso –con abundantes interrupcións plausibles- dun político da nosa corda. Seguir lendo Aplausos (I)
Arquivo da categoría: Ensaio
2020. Cambio de paradigma
Pilar Sampedro. Estamos en tempos de cambio. O que ata hai uns meses era normal, tal vez non volva selo. De repente, coma se dun cataclismo se tratase, o mundo deu a volta. Foi unha transformación potente pero silenciosa; non se trataba dun ataque terrorista senón da expansión dun virus, dun contaxio para o que ningún país estaba preparado. Unha contaminación vírica que encheu os hospitais ata desbordalos e pasar a ocupar recintos feirais e polideportivos. Toda a xente tivo que pecharse nas casas para que o virus non chegase a eles, porque andaba por todas partes. Tratábase de fuxir del, de non darlle ningunha superficie sobre a que poder pousar pois actuaba como un alien invisible que se alimentaba Seguir lendo 2020. Cambio de paradigma
Práctica de maxia
X. Ricardo Losada. Permitide que comece cunha advertencia, por se non son quen de controlar o ton deste texto. Nunca lle chamaría sensible a unha persoa porque trate ben a súa mascota ou porque se emocione coa inocencia dun neno. Nin a unha persoa que diga o que eu vou dicir agora. Seguir lendo Práctica de maxia
Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane
Fidel Vidal. Se vos queredes mergullar no mundo da creación poética, velaquí unha obra estimulante encol dun tema ateigado de misterios: Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane (Espiral Maior, 2018). No Limiar adiántanos que, “á maneira de apuntamentos, ou de reflexións illadas, expóñense ideas, intuicións, dúbidas e interrogantes que poidan propiciar o diálogo sobre a experiencia poética”. Xavier Seoane, ademais de poeta, é un gran coñecedor da pintura e da literatura e un teórico que acerta en canta materia de orde cultural pon o seu saber. O que eu non sei é de onde saca o tempo para tamaña obra da que é autor. Talvez, como sucede coa poesía, “viva de “insomnio perpetuo”, en cita que recolle de René Char. Seguir lendo Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane