X. Ricardo Losada. Escribín hai pouco un texto nunha revista sociocultural dun concello galego de cuxo nome non quero acordarme para non facilitar a identificación da persoa da que vou falar. Nese texto expresaba a miña sorpresa porque moita xente se escandaliza de que xurdan parellas por internet, sen coñecérense persoalmente. Cren que é un síntoma evidente de dexeneración moral e afectiva. E sorpréndeme, dicía, porque durante moitos séculos e en diferentes países, culturas e relixións, foi habitual que persoas descoñecidas casaran sen coñecérense, e para toda a vida. Referíame, como é obvio, ás vodas dos reis, bendicidas polo Papa e a Igrexa. Seguir lendo O encanto do escritor →