Arquivo da categoría: Ensaio

Praias limpas, praias mortas

Os científicos expertos aconsellan conciliar os diferentes usos das praias FOTo JESÚS SUÁREZ ARES
Os científicos expertos aconsellan conciliar os diferentes usos das praias FOTo JESÚS SUÁREZ ARES

Xulio Gutiérrez Roger. Durante milenios as praias foron consideradas como lugares inhóspitos e de escaso valor. Á parte dalgunhas actividades extractivas ou lugar de varada de embarcacións, as praias foron ata hai moi poucos anos patrimonio case exclusivo da fauna salvaxe. Seguir lendo Praias limpas, praias mortas

Papel hixiénico

pexels-photo-3958196Fidel Vidal. Un pais de estrinxidos (velaí os abundantes anuncios de laxantes), no que non está ben visto falar de merda nin de cartos, como é quen de acumular rolos de papel hixiénico até baldeirar os estantes dos supermercados? Talvez por temor a perder a segunda parte gozosa da denominada fase anal, a seguinte ao alivio. Dos pecados sen pecar o mellor é o cagar, di o dito. Nomear cu, caca e peido dá en rir aos nenos. Un asunto de gran interese, xa que logo, unha vez que o neno é capaz de ir só, sen pedir axuda, supón para el un gran avance e un triunfo: o control de esfínteres. Freud sitúa a fase anal entre os dous e os catro anos aproximadamente, despois da oral e antes da fálica. Seguir lendo Papel hixiénico