Fidel Vidal. Pinocho está ben avisado por Pepito Grilo que lle advirte das consecuencias de non obedecer: “Ai dos nenos que se rebelan contra seu pai e abandonan caprichosamente a casa paterna! Nada bo lles pode suceder no mundo, e máis pronto que tarde acabarán por se arrepentiren amargamente”. Con todo e iso Pinocho foxe da casa e non quere nin pisar a escola. A día de hoxe, a escola, como institución, e non só durante o chamado período de formación obrigatoria senón máis alá, forma parte dunha colectividade pedagóxica da que é imposible escapar. Seguir lendo Pinocho (e V). De boneco a impostor
Arquivo da categoría: Ensaio
De libros e oficios
Pilar Sampedro. Rafa Villar ganou o XVI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra O libro dos outros oficios. Libros de oficios houbo. Incluso libros nos que os oficios se mostraban a través de gravados que nos poñían en contacto coa imaxe e o traballo de cada un deles. Coa idea en marcha, era cousa de profundar nos “outros” oficios, aqueles que en ningún dos tempos coñecidos tivo razón de ser. Así se nos presentan 33 relatos cheos de fantasía que teñen en común a inexistencia do oficio que describen. Polas páxinas van desfilando a afinadora de ventos, a apalpadora de estrelas, a apañadora de medos, a descubridora de xoguetes perdidos Seguir lendo De libros e oficios
Aproveitar unha boa crise
X. Ricardo Losada. Escríbenme varios amigos desde o confinamento polo coronavirus e dígolles algo que xa dixera Churchill: Nunca desperdicies unha boa crise. Intento mandar unha mensaxe optimista, do tipo da que manda Steve Jobs no seu famoso discurso na Universidade de Stanford. Aos 30 anos foi despedido de Apple, a exitosa empresa que el mesmo creara, e pensou en irse para sempre de Silicon Valley Seguir lendo Aproveitar unha boa crise
O peso do sambenito
Francisco Ant. Vidal Blanco. O personaxe que interpreta Michael Keaton en Birdman, recibe nun momento determinado unha monumental amoestación por parte da súa filla adolescente por non ter perfil nas redes sociais, pois así non vai chegar a nada por moito que se esforce, será un cero á esquerda, sen nome nin alcume que o reafirme, o estimule e o proxecte. Seguir lendo O peso do sambenito