Marina Losada Vicente. En absoluto silencio, na procura da pouca luz que entra pola porta, intento saír do cuarto desfacendo primeiro a difícil postura na que acabei. Piso no bico dos pés, levando comigo o eco apagado do último retrouso, mil veces repetido. Temo tanto facer ruído, que case deixo de alentar. Continue reading Bailarina ou “ninja”?
Arquivos da categoría Marina Losada
Sentadiña quedei
Marina Losada Vicente. Sentei, vaia se sentei! Non quería, mais sentei. A vida é así. Un día manteste ao alto, erguida, segura… orgullosavitaldigna, e ao outro día, caes diante do esmagador peso da física. Durante o último ano, a cousa fórase dificultando, non podo dicir que me colleu desprevida, mais si que me sentín… como dicilo… desinflada.
-Vellos son os trapos- repetía miña avoa, se adxectivabas así a alguén. De aí que eu me sentise maior, en lugar de vella. Que me sentise á boia… en lugar de afundida. Que me sentise… que caramba, que me sentise minguada, como se me roubasen unha parte de min! Continue reading Sentadiña quedei
Alfa dobre A
Marina Losada Vicente. O primeiro, día e hora: Martes, 1 de decembro, 7.30. O ano dáse por sabido: 2020. Despois da presentación, anuncian, sobrados, que Xenética Xunta Gal ten para ti o mellor semental da contorna: Top-10 nas probas oficiais europeas. Incomparable. Grandioso. Único. Coa escolla do seu esperma, baixo pagamento hai que entender, quedarás máis que satisfeita. Continue reading Alfa dobre A
Historias de Filadelfia
Marina Losada Vicente. Nunha época de certa tensión entre nós, meu pai, amante do cine clásico, recomendoume ver Historias de Filadelfia, coa premisa de visitar o espello da protagonista. Aclaroume que non se trataba de que as dúas estabamos divorciadas. Debería fixarme nos cambios que Tracy Lord experimenta, despois de todo o enredo, para acabar entrando en certa sazón. Busquei información sobre a trama da película, que recordaba vagamente, e puiden ler que a heroína ten un temperamento indómito, mandón, vaidoso e caprichoso. A comedia termina cunha “señorita” máis dócil e considerada, disposta a tomar as rendas da súa vida. Continue reading Historias de Filadelfia