Arquivo da categoría: Marina Losada

Premonición

SP0023A-y-SP0023B-VADO-PERMANENTE-e1510076338639Marina Losada Vicente. Saio do piso con Arturo, o veciño do terceiro, na cabeza. Baixo as escaleiras pensando no previsibles que chegamos a ser. Todos os días, sobre a unha da tarde, sinto algunha bucina a todo dar. Sei de sobra o que pasa, mais teño que asomarme á venta e velo cos meus propios ollos. Arturo deixou o coche atrancando a saída do aparcadoiro. Quedan cinco, seis, oito minutos de bucina. Sae do bar, borra os restos de escuma coa man e, cun sorriso de superheroe perdoa vidas Seguir lendo Premonición

Un trinta e cinco

Sabana-King-Size-1Marina Losada Vicente. Quedou bloqueada diante da pregunta. Volveron á súa cabeza as noites nas que durmía na fronteira, presa do medo. Tanto, que cando rematou o pesadelo, non soubo volver a normalidade, nin querendo. Só unha vez -unha chamada do baleiro- atreveuse a percorrer todo o campo de batalla, que non era tanto, dous con cincuenta e seis metros cadrados, mais a desolación levou aos seus ósos a repregarse. Seguir lendo Un trinta e cinco