Marina Losada Vicente. Chamábaste Mariano a mañá que te vin, por vez primeira, sentar na porta da túa casa e decidín, sen preguntar a ninguén, que eras mariñeiro, prexubilado e forte coma un buxo. Chamábaste Mariano no tempo no que alumabas o meu camiño ao traballo, cun sorriso claro e tenro, reclamando a miña atención como un adorable oso panda. Chamábaste Mariano cando empezaches a cubrir a cabeza cunha gorra, perdida a mirada, esvaecendo día a día a propia sombra. Seguir lendo Miradas no camiño
Arquivo da categoría: Marina Losada
Sorpresa!
Marina Losada Vicente. -Pero a ti que che pasou? Pareces un espicho! -mírame de arriba a baixo, incrédulo-. Como é que estás tan delgada?
Din que diante da morte a vida toda che pasa polos ollos en décimas de segundos. Eu, de onde sae este tío? Repasei nun suspiro o último medio ano. Seguir lendo Sorpresa!
De legumes e ventosidades
Marina Losada Vicente. Era máis que certo que a nora sabía por que non quería fabada, que insistía en poñer na mesa un domingo si e outro tamén. Levantando o testo da tarteira, quedaba claro que non contaba con ela para comela, a xulgar polo escaso das racións de repartila entre catro comensais. Paca limitábase a pitucar na fonte, rebeldía silenciosa, esquivando as fabas, e a facer sopas de pan. O día do aniversario do neto, a nai do rapaz convidou a un matrimonio amigo e á súa filla.
Corte princesa. Cambio de tendencia
Marina Losada Vicente. Aquí estás, de pé, diante do espello. Disposta a saír á rúa. Un dos teus mellores vestidos, ese co que te sentes tan muller. Corte princesa, un deseño que sae do escave, pasa polo medio do peito e chega ao talle, alterando os patróns para dar forma ao busto. Si, na casa saben de moda. Ti presta atención! Saben tamén que cada peza ten o seu acorde cos complementos. Remachan que se a tea é dunha cor neutra, debe levar algún detalle de cor viva, estratexicamente colocado, asinando estilo. Seguir lendo Corte princesa. Cambio de tendencia