De legumes e ventosidades

unnamedMarina Losada Vicente. Era máis que certo que a nora sabía por que non quería fabada, que insistía en poñer na mesa un domingo si e outro tamén. Levantando o testo da tarteira, quedaba claro que non contaba con ela para comela, a xulgar polo escaso das racións de repartila entre catro comensais. Paca limitábase a pitucar na fonte, rebeldía silenciosa, esquivando as fabas, e a facer sopas de pan. O día do aniversario do neto, a nai do rapaz convidou a un matrimonio amigo e á súa filla.

En total eran sete na mesa. Acostumada a facer a potaxe nunha cazola pequena, a nora vírase nun apuro pola escaseza que amosaba a fonte de comida, aínda entendendo que Paca nin sequera daría conta do chourizo e das patacas picadas, por iso da boa educación.

Aquel era o día da sogra! Sen reparar en consecuencias, nin en normas cívicas de mesa, foi a primeira en servirse, despois de cambiar, sen molestar, o prato chan por un prato fondo. Tocáballe á nora pasar fame!, quen se desculpou alegando que tomara un aperitivo.

Pola tarde, Paca, sentada na porta da casa con varias veciñas, arrabeaba por eliminar do corpo os “humores” todos do xantar. Veu vir polo camiño un coche potente, un todoterreo, e, ao acercarse, amparándose no esperado estrondo do motor, dou renda solta ao contido gasoso do seu corpo, sen reparar en amortecer o ruído.

-Paca, Paquiña -díxolle a máis nova do grupo-, vese que non sabes que hai coches mudos! Eléctricos!

3 comentarios en “De legumes e ventosidades

  1. Marina:
    Qué fabada! Parece que está diciendo: ¡comedme!. Lo desagradable de un buen plato de fabada son los resultados al tratar de eliminar, do corpo, os “humores” todos do xantar. Dicen los expertos que cuando intentas soltar el contenido gaseoso de tu cuerpo…, el resultado es muy similar a una bomba fétida.
    Paquiña la protagonista de tu historia, non reparou en amortecer o ruido do “cuesco”, dando renda solta ao contido gaseoso do seu corpo. Non sabía que, neste momento, existian coches eléctricos, e non exactamente os de atraccións de feira.

    Me agrada leerte.

  2. Comenzar o día rindo, é boa cousa.

    Eu non son de potaxes. Só en inverno fago lentellas, que mesturadas con chourizo , carne picada e pataquiñas, están moi boas ( según dín os comensales que mas piden polo menos unha vez á semana). A verdade é que eu cómoas por aquilo do ferro, potasio e todalas vitaminas que aportan porque, donde estea un polo caseiro á pepitoria cos seus piñonciños e a sua salsiña, ou un bo conexo con arroz…
    As fabas e outras legumes deberíamolas de rexistrar no capítulo dos perxuicios, porque mira o que lle pasou a Paca.

    Moitos biquiños, querida Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>