Marina Losada Vicente. —Ana, ti vas para enxeñeira! —dixéralle súa nai despois de oírlle que as cubetas dos inodoros estaban mal deseñadas, que tiñan que facerse de forma que as cagadas caesen directamente na auga e non nas paredes, ou que estas deberan ser totalmente esvaradías, de forma que non quedasen resto pegados a elas. Os fabricantes non deberían priorizar deseño ou comodidade diante de utilidade -espetáralle-, farta das reprimendas maternas. Agora, grazas á COVID, o argumento é outro. -As turbulencias que se forman no interior cando se activa o mecanismo de descarga de auga dos inodoros, obrigan a pechar a tapa do wc, a fin de que non se propaguen bacterias e virus agochados Seguir lendo Tempos de turbulencias e aerosois
Arquivo da categoría: Marina Losada
Abondosa
Marina Losada Vicente. Non tería chamado a miña atención se non fose pola palabra utilizada: Abondosa. Detrás dela, apreciábase unha sensibilidade pouco habitual, non por parte da narradora, que vivira o episodio en primeira persoa, senón por parte do co-protagonista.
-Paseando polo peirao -cóntame Celia-, tropezo e caio de forma tan aparatosa que non me podo mover. Sinto unha dor aguda no nocello dereito e non son quen de liberar a perna do peso do meu corpo. Seguir lendo Abondosa
Decúbito
Marina Losada Vicente. Pola noite, desde que o inverno enche a estancia, repito un ritual do que tomo conciencia cada vez. Todas as veces. Colgo a bata, íspome, poño a camiseta, abro a cama, acomodo o embozo, apago a luz e métome na cama, boca arriba, cubríndome ata as orellas. Seguir lendo Decúbito
Narcoviandante?
Marina Losada Vicente. A que andará a muller coa que coincido camiño da casa? A semana pasada vina cruzar varias veces a estrada sen motivo aparente. Camiño a uns metros dela, aínda que ás veces cústame seguila, e decateime de que cando fai sol cruza a calzada catro veces, sempre nos mesmos puntos. Seguir lendo Narcoviandante?