Marina Losada Vicente. Nunha época de certa tensión entre nós, meu pai, amante do cine clásico, recomendoume ver Historias de Filadelfia, coa premisa de visitar o espello da protagonista. Aclaroume que non se trataba de que as dúas estabamos divorciadas. Debería fixarme nos cambios que Tracy Lord experimenta, despois de todo o enredo, para acabar entrando en certa sazón. Busquei información sobre a trama da película, que recordaba vagamente, e puiden ler que a heroína ten un temperamento indómito, mandón, vaidoso e caprichoso. A comedia termina cunha “señorita” máis dócil e considerada, disposta a tomar as rendas da súa vida. Seguir lendo Historias de Filadelfia
Arquivo da categoría: Marina Losada
A mirada indiscreta
Marina Losada Vicente. Escoito escorregar o portal do colexio Castelao sobre o seu raíl. Inmediatamente, como se estivese á espera, un coche negro ocupa as prazas 8 e 9. Non é pouca cousa, dado que a zona reservada ao profesorado dispón de catorce ocos, cando son cerca de vinte os coches que aparcan a diario. Pasan máis de cinco minutos cando empezan a chegar os seguintes automóbiles Seguir lendo A mirada indiscreta
A primeira pedra
Marina Losada Vicente. A clase toda riu da nena que eu era, como se fose unha ocorrencia. Non lembro ao fío de que viña a pregunta, mais si a risa delirante de todas as miñas compañeiras. Aquela súa espontaneidade, tan propia da infancia, non deixaba de carrexar con ela a crueldade de quen non calcula o efecto da súa forza. A risa inicial, procedente da parte de atrás, deu lugar a unha gargallada xeral da que eu era o branco. Soa, ao alto, despois de ter levantado a man, como cumpría, antes de contestar. Seguir lendo A primeira pedra
Alarde de valentía
Marina Losada Vicente. Levo todo o día revivindo a escena. O sitio. A hora. A expresión da súa cara. Todo na cabeza a darme voltas… o momento de vomitalo, o empoderamento que sentín cando me souben capaz… Non foi un alarde de valentía, foi unha decisión meditada, remoída un ano enteiro, que hoxe tomou forma: Se me preguntan, dígolles que non. Se mo insinúan, dígolles que non. Se simplemente o deixan caer, dígolles que non. Se o dan por feito, dígolles que non. Teñen que telo moi claro. Non e non! Seguir lendo Alarde de valentía