Marina Losada Vicente. Tiña tres fontes de ingresos. Tres. Coa pandemia, quedoulle só unha, a máis irregular. Non se podía saír a cear, nin ir ao cine, nin coller unha fin de semana nun spa, mais Antela non o botaba de menos. Estrañaba, iso si, o paseo coas amigas, a bebida refrescante no alto do camiño, o café con elas. Seguir lendo Unha ocasión especial
Arquivo da categoría: Marina Losada
Ración de cookies
Marina Losada Vicente. Ando algo paranoica. Onte o meu portátil insistiu en que necesito mercar calzado de inverno. Zapatóns de gorotex en agosto? Se teño un par sen estrear!
Hoxe o mesmo. Ao entrar na banca electrónica, un cadriño intermitente insiste en que merque botas de goma. Seguir lendo Ración de cookies
Sombra
Marina Losada Vicente. Cando a coñecín tiña setenta anos. Tal como me presentou a súa vida, entendina nai solteira. Hai uns días atopeime con ela no paseo, moi desmellorada. O seu home morreu hai un mes. De que home me falas, ía preguntar, mais o instinto fíxome ser prudente. Mal como puiden fun arrincándolle a historia. Seguir lendo Sombra
Burato negro
Marina Losada Vicente. Leva tempo perdendo sangue coas feces. No hospital repróchanlle que non dixese nada. Xulio pregúntase como ía sabelo. A intervención cirúrxica de urxencia fixo que non dera lugar a moita resposta, só un elevar de ombros. O postoperatorio, difícil, permite algunha reflexión por parte dun rapaz de once anos que, por primeira vez, entra no que chaman cuarto de baño. Se as ganas son líquidas, Xulio faino en calquera sitio, con tal de que o regueiro non moleste. Seguir lendo Burato negro