Marina Losada Vicente. Non era tanto que non lle gustase, senón que lle sentaba mal. De noite, unha provocación. Sabíase na casa. De sempre. Facíaselle outra cousa, uns ovos, moito máis económicos. Casou e formou parte da Noiteboa na cea familiar, por ser o prato preferido do seu home. Tanto, que cos anos foi el o que o mercaba. Na casa esqueceron que a Helena non lle senta ben e ela pensou que mellor acoplarse, facer que se come, servirse un cachiño mínimo, para non molestar, enredado nos grelos. Quen é comedora molla pan, e tan contenta. E ataca nas patacas, parecía dicir a mesa. Seguir lendo No reverso da folla
Arquivo da categoría: Marina Losada
Tendal comunal
Marina Losada Vicente. Para entendelo, hai que lembrar que nun tempo a roupa interior mudábase unha vez na semana, como moito dúas, a non ser un apuro. E que moitas mulleres, as de máis idade, non usaran bragas na vida, de tanta necesidade que había. A braga resultaba, pois, un ben escaso. Seguir lendo Tendal comunal
Escorrendo o vulto
Marina Losada Vicente. A Lola parécelle ben que os clientes da súa empresa pidan orzamento. Agradece a confianza. Fanlle ver cando está cobrando por encima do mercado, o que lle permite analizar o que fai mal, de ser o caso, e resultar máis competitiva, ou poder explicarlles, polo miúdo, o valor engadido do seu produto. Por iso non entendeu o enfado. Só dixo a verdade, que resulta máis económico enviar os paquetes pola competencia. Déralle as medidas do vulto, longo, ancho e alto, e tamén o peso. Seguir lendo Escorrendo o vulto
Trapos
Marina Losada Vicente. No lavadoiro de fóra, os trapos a remollo, na espera de que a siña Ernesta meta man neles, frega que te frega, ata volverlles a cara negra en cara relucente. A botella da lixivia nun estante que fai a propia parede; o cepillo de pugas duras; o xabrón do lagarto, agora que non queda daquel que facía coa graxa do porco; un pequeno tendal, da altura da súa figura minguada. A filla e a neta berran, pero ela insiste en que non hai lavadora no mundo que deixe un trapo como debe de deixar. Seguir lendo Trapos