Marina Losada Vicente. Se a carta chegase á súa destinataria, o fin lóxico dun envío postal, a receptora non sabería que lle dicía. O formato oficial non ía desarmala, nin a contrariala sequera. Pasaría do texto como pasa da chuvia que abica tras dos cristais. Seguir lendo A máquina do absurdo
Arquivo da categoría: Marina Losada
Historia dunha detective
Marina Losada Vicente. Despois de tentar recoller as impresións dixitais por todo o cuarto, a inspectora da Policía caeu na conta de que o secuestrador limpara a fondo todo canto puido ter tocado. Seguir lendo Historia dunha detective
Móbil
Marina Losada Vicente. Acostumaba a perder o móbil, ela dicía non sei onde o pousei. Se era na casa, a filla chamaba desde o seu teléfono e decontado soaba en calquera sitio. A maiores de reprendela, aproveitaba para borrarlle as mensaxes que non abría e baldeirar o caixa de voz. Pero aquel día era diferente. Seguir lendo Móbil
Un ano e un día
Marina Losada Vicente. Costou traballo pero aquí estou, celebrando sen celebrar que onte fixo un ano que son unha muller separada. Separada, que non divorciada, que a min o papelame dáme igual. Hoxe fai 366 días que vin como unha maleta e varias caixas te levaban da miña vida. Parece mentira que pouca cousa se necesita para baldeirar quince anos de matrimonio. Seguir lendo Un ano e un día