Historia dunha detective

teclado-blanco-y-negroMarina Losada Vicente. Despois de tentar recoller as impresións dixitais por todo o cuarto, a inspectora da Policía caeu na conta de que o secuestrador limpara a fondo todo canto puido ter tocado. Tanto que non hai pegadas da vítima. Saben que a levou do hotel no que pasaba a noite pero ignoran o seu nome. Os datos que deu para rexistrarse son falsos. Mirou o teclado do ordenador da desafortunada señora, limpo como unha patena. Espera! Todo non o limpou… ben seguro que non! Con coidado puxo as luvas de novo, colocou unha bolsa para recoller mostras na mesa, abriuna e dándolle a volta ao teclado, deixou que fosen caendo pequenos restos: caspa, pelos… Unhas horas despois, deron con Xoana viva.

Ao acabar de escribir, Ioana pensou en que utilidade lle daría. Considerouno un parágrafo demasiado compacto para o inicio dun relato ou nunha novela. Con algún retoque, tería un microrrelato para mandar a un concurso. Palabras: 119. Caracteres 562. Ata hoxe, no caera na conta do material xenético que se pode gardar baixo as teclas coas que escribe. Ás veces corta as uñas diante da pantalla e cando está cansa, masaxea a cabeza coa xema dos dedos, deixando caer caspa, pelos e mesmo algunha area da praia. A última vez que lle deu a volta ao teclado, contiña diminutos restos vexetais esparexidos polo cortacéspedes do veciño. De ser analizados pola Policía Científica, tiraría válidas conclusións con eses resto orgánicos.

Non deixa de sorprenderse polas horas nas que o seu veciño traballa no xardín, cando aínda é noite pecha. Entende, nese momento, a mensaxe do seu inconsciente que lle ditou, sen vir a conto, o relato do detective, cando o vento de sur acrecenta o cheiro a podre dos últimos días.

Un comentario en “Historia dunha detective

  1. Marina: Es curioso que después de una búsqueda tan exhaustiva, fueran a encontrar las huellas en un ordenador.- En ocasiones, ya ves, puede haber sorpresas por la cantidad de señales que pueden aparecer entre las teclas de una computadora; a la hora de localizar a un presunto criminal. Con todas esas huellas llegué a pensar incluso, que podría haber caído algún que otro piojo, en el teclado. Lo digo porque con tanto “masaje en la cabeza” con la yema de los dedos…Menos mal que estos parásitos no pueden sobrevivir mas de 48 horas una vez alejados de las cabezas, ya que se alimentan exclusivamente de la sangre de sus huéspedes.- Concluyo pensando que no dejarían de ser una buena pista para descubrir a la hora de un crimen- como el que tú has expuesto en tu narrativa-, a un asesino.
    Y termino con mis mejores deseos, en esta gélida mañana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>