Marina Losada Vicente. Catro días hospitalizada e dez coa perna en alto deron para cambios de fondo na súa casa. O máis rechamante, co que non comungou, que vale cambiar as sabas cada quince días. Aos oito, se che peta, dáslles a volta, ben poñéndoas do revés, ben poñendo a parte da cabeceira nos pés. As toallas da ducha, secando baño, minguaron a coada diaria. Seguir lendo Limpa non é quen limpa…
Arquivo da categoría: Marina Losada
Futuróloga
Marina Losada Vicente. Sentou no váter. Como acostuma a pasarlle no sofá, e a pesar da situación, o cansazo deu paso a unha plácida soneca. Subindo as escaleiras posteriores, un pequeno habitáculo cun sensor de contacto. A persoa que entra estende a man diante para ser identificada polo sistema. Seguir lendo Futuróloga
A triada
Marina Losada Vicente. Hai tempo diso, pero como se fose onte. Unha lesión rara nunha muller, a triada, dixéronme que se lle chamaba de forma coloquial: rotura de menisco e de ligamento cruzado esquerdo, algo bastante común nos futbolistas. Seguir lendo A triada
Trasnos
Marina Losada Vicente. Leulle un conto ao fillo. Nel, uns trasnos levántanse de noite para facer os traballos que non fixeron no día… A historia devolveulle imaxes da infancia, cando el e os seus irmáns se deitaban cunha desorde total ao redor da cama. Medo daba pensar en ir á cociña para paparen da sobremesa que sobrara sen que a nai o soubese! Seguir lendo Trasnos