Marina Losada Vicente. Non daba creto ao que vía. Alucinaba. Os homes de agora son de pedra, repetíase. De pedra! Se o meu finado vivise! A parella, allea a todo o que a rodeaba, dábase o “lote” no parque. A moza vestía minisaia e unha camiseta de profundo escote, moi ben abastecido. El, algo relambido para o gusto da vella, perdido entre tanto que tiña por explorar Seguir lendo Lavando calzóns
Arquivo da categoría: Marina Losada
Mochila incontinente
Marina Losada Vicente. Cos anos, de tanto amorear, a memoria esvaece as certezas. Mestúraas. Confunde os lindes. Move os marcos. Atesoura aquelas que lle compracen. Cóidase das maliciosas. Goza dos logros. Máis todas están aí, á espera de seren rescatadas. Difícil baldeirar o contido, un alivio que raramente se dá de forma natural. Xa quixéramos. Quedarnos só con aqueles recordos que nos abren camiño a mellores días. Cara adiante. Pode darse no futuro, cunhas pastillas selectivas, mesmo mercar recordos doutras persoas, como se fai coa taxa do leite ou co cupo da sardiña, máis a día de hoxe viaxamos con esa mochila incontinente. Seguir lendo Mochila incontinente
A relatividade do tamaño
Marina Losada Vicente. Pasou de certo, nos anos noventa, creo. Un grupo de amigas estabamos no bar Castañeiros, á resgardo dunha pantalla que emitía fútbol para os nosos homes. Non lembro en que canle “botaran” unha película erótica ás doce da noite, unha hora en que se supoñía que os matrimonios con fillos e fillas adolescentes estaríamos a durmir. A todas nos chamara a atención o pequena que tiña a “cousa” o protagonista. Seguir lendo A relatividade do tamaño
Compras de proximidade
Marina Losada Vicente. De non picarme os ollos quedarían no esquecemento, ese río que me inunda acotío. As gotas non estaban no bolso que usara o día anterior, o máis grande que teño. Non collín del un pano da man que propiciara que o frasco me caera ou me estorbase e o metera no peto do gabán, onde tamén busquei. Nin sequera saquei as chaves, a neta estaba na casa. Repasei os pasos que dera desde que saín da óptica. Vin para a casa sen facer parada algunha. Fora alí para recoller as lentes, queixeime de sequidade e Tareixa recomendoume unhas gotas. Pois a memoria, teimuda, da que tamén me queixei na óptica, non sabía do frasco. Seguir lendo Compras de proximidade