A relatividade do tamaño

file_20150303165426Marina Losada Vicente. Pasou de certo, nos anos noventa, creo. Un grupo de amigas estabamos no bar Castañeiros, á resgardo dunha pantalla que emitía fútbol para os nosos homes. Non lembro en que canle “botaran” unha película erótica ás doce da noite, unha hora en que se supoñía que os matrimonios con fillos e fillas adolescentes estaríamos a durmir. A todas nos chamara a atención o pequena que tiña a “cousa” o protagonista. A que máis e a que menos xa vira algunha película X que alugara o seu home no vídeo club e a diferenza de tamaño era máis que notable, incluso coa realidade da alcoba, cousa que fixo presumir aos nosos homes.

            Non descubrimos posturas nin cousa novidosa, polo que entramos a trapo na pouca necesidade que se tiña de ver esas porcalladas e á deshora. Para ver colgallos sobraba cos da casa. Por algún motivo que se me escapa, aquela xeración de mulleres non tiñamos en moita estima a visión do varón en coiros, e moito menos da imaxe en primeiro plano das partes íntimas, nin en estado vexetativo nin en estado combatente.

            Lela era seareira dun dos equipos que xogaba. Cando rematou o partido e nos xuntamos, preguntounos de que nos riamos tanto.

            —Do pene do protagonista da película de onte —contestei debuxando un sorriso de orella a orella, pois pene, palabra que non estaba no meu vocabulario, lembrábame a pequeno.

            —Que esaxeración, mi madre! —dixo Lela mirando cara ao seu home—. Quen ten unha pirola tan grande?

Pasou de certo, nos anos noventa, creo. Un grupo de amigas estabamos no bar Castañeiros, á resgardo dunha pantalla que emitía fútbol para os nosos homes. Non lembro en que canle “botaran” unha película erótica ás doce da noite, unha hora en que se supoñía que os matrimonios con fillos e fillas adolescentes estaríamos a durmir. A todas nos chamara a atención o pequena que tiña a “cousa” o protagonista. A que máis e a que menos xa vira algunha película X que alugara o seu home no vídeo club e a diferenza de tamaño era máis que notable, incluso coa realidade da alcoba, cousa que fixo presumir aos nosos homes.

            Non descubrimos posturas nin cousa novidosa, polo que entramos a trapo na pouca necesidade que se tiña de ver esas porcalladas e á deshora. Para ver colgallos sobraba cos da casa. Por algún motivo que se me escapa, aquela xeración de mulleres non tiñamos en moita estima a visión do varón en coiros, e moito menos da imaxe en primeiro plano das partes íntimas, nin en estado vexetativo nin en estado combatente.

            Lela era seareira dun dos equipos que xogaba. Cando rematou o partido e nos xuntamos, preguntounos de que nos riamos tanto.

            —Do pene do protagonista da película de onte —contestei debuxando un sorriso de orella a orella, pois pene, palabra que non estaba no meu vocabulario, lembrábame a pequeno.

            —Que esaxeración, mi madre! —dixo Lela mirando cara ao seu home—. Quen ten unha pirola tan grande?

4 comentarios en “A relatividade do tamaño

  1. Non é tanta a necesidade como a ilusión da cousa grande. O meu relato acadou hoxe tamaño dobre por algún erro casual e non por iso é mellor. Pero a ilusión do grande! En fin cada quen ten a súa medida e proporción. Bicos enciclopedia Magdalena… a túa riqueza ilustrada si que é grande!

  2. Eu tamén estou debuxando un sorriso de orella a orella coa tua entrada, Marina.

    Celestino Frías, fiel a su nombre de pila, haciendo de Celestina con una chica llamada Irene:
    Recomendé un novio a Irene
    diciéndole con cariño:
    – Tiene las cosas de un niño.
    – Entonces… no me conviene.

    Y ahora otro de Tapia :

    Dicen que se encuentra mal
    la esposa de Don Manuel
    el ex Rey de Portugal,
    y que no quiere con él
    hacer vida marital.
    Dicen que esposo y esposa
    pasaron luna muy sosa…
    ¿ De qué sufren? … No se sabe.
    Lo de ella dicen que es grave,
    y lo de él, “muy poca cosa”.

    Besiños palmeiráns, querida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *