Maigret en Chile

Nadie-sabe-más-que-los-muertos-0000031135189Fidel Vidal. A novela Ninguén sabe máis que os mortos, de Ramón Díaz Eterovic (Lom, 2002), vai sobre desaparecidos e mortos durante a ditadura militar de Pinochet en Chile, e o lexítimo e humano afán dos achegados de recuperaren os restos mortais dos seus parentes e seres queridos. Nesas anda -igual que na obra de título tan significativo coma Os sete fillos de Simenon- o detective Heredia, “un detective canso, cun permanente desexo de beber unha copa e deixar que a vida pase ao seu carón sen importunar”, nunha historia que se nega a pasar folla sen antes rematar as anteriores. Xamais debemos esquecer o pasado. Sería imperdoable. “O pasado é menos duro se o esquecemos –dixen, convencido de que mentía.-“Esquecer é facerse cómplice deses crimes –dixo a muller, e deseguido agregou–: Desilusióname, Heredia”. Heredia é contratado por un xuíz para dar co paradoiro dos asasinos duns pais e do destino que sufriu o seu neto, un o cativo arrincado, máis que nacido, por cesárea, antes de mataren a nai. Un neto roubado do ventre da nora durante a represión militar chilena en Santiago.

Velaí o roubo de nenos, outra das barbaries propia das ditaduras, nas que, ademais dos colaboradores do réxime, están implicados veteranos e fuxidos xerarcas nazis criminais de guerra, espallados pola xeografía latinoamericana, en especial na famosa colonia afincada no Brasil. 81htkIsc4cLHeredia, o detective encargado de atopar o bebé, adoita falar co seu gato de nome Simenon -unha chiscadela ao autor belga-, nun país no que, sorprendentemente, todos eran demócratas: “Sempre é igual. Basta ler os diarios para darse de conta de que hoxe en día todos son demócratas no país, incluso aqueles que lle lustraron as botas aos milicos”.

Tanto na obra de Eterovic como nestoutra, O caso Neruda, de Roberto Ampuero (Debolsillo, 2012), o asunto tamén xira ao redor dunha busca, a dun descendente nun escenario semellante cargado de desconfianza e de medos, onde o investigador Cayetano Brulé recibe un encargo do poeta: seguir o rastro de Beatriz de Bracamonte, para dar coa certeza de que é pai dunha filla normal, asunto que o leva a viaxar a México, Cuba, Alemaña Oriental e Bolivia.

A razón desa busca deriva da experiencia primeira causada polo nacemento de Malva Marina, afectada de hidrocefalia, e que deu lugar a que Neruda a abandonase xunto coa súa nai, a holandesa María Antonieta, “para non seguir sufrindo”. Foi por iso a sentencia a que el supuña estar condenado: “Só podía facer fillos deformes e versos”.

P250954O ambiente, esta vez con centro de acción na fermosa cidade de Valparaíso, xira en torno ao inminente golpe de estado contra o goberno de Allende. Descríbese a boa relación e o abrazo entrambos os dous amigos, Pablo Neruda e Salvador Allende, e o consello que Brulé recibe de Neruda por se realmente quere converterse nun bo detective: ler a Georges Simenon e seguir os pasos do comisario Maigret.

5 comentarios en “Maigret en Chile

  1. Los libros sobre desaparecidos y barbaridades de la dictadura chilena, al igual que reportajes en la TV sobre el tema, me producen un gran desasosiego. Me pasaba lo mismo con lo referente a la Alemania nazi y los relatos de Primo Levi, por ejemplo.
    No he sido capaz de leer un libro entero.
    Y el dasasosiego me impide también apreciar la calidad literaria o artística si la hubiera.
    Pero leo con interés tus comentarios Fidel. Buen verano.

    1. Unha moi agradable sorpresa, querido amigo Jesús, ao ler o teu comentario sobre o desasosego que che impide rematar un relato. Algo que, por suposto, honra a quen goza de tal sensibilidade. Razón de máis -polo menos no meu caso talvez por estar “tocado” por un algún verme malicioso- para intentar adentrarnos nel. E cadaquén até onde lle alcancen as forzas.
      Grazas pola túa sempre moi prezada aparición neste Café.
      Saúde, e unha forte aperta. Que pases tamén un bo verán.

  2. Moi bos días, querido comentarista.

    Como acabo de enviarle a Marina un par de epigramas, en descargo por mi error en la respuesta a tu comentario, te envío otro con todo el cariño:

    Mira si está confusa
    esta lega Magdalena,
    que en respuesta a Fidel
    le cuenta la pipiola,
    de que a muerto su padre “ab intestino”,
    en lugar de decir “ab intestato”.

    Mil cariñosos besiños, estimado Fidel, y una OrqUIdEA.

  3. Seguramente es una buena novela cuando tú la recomiendas. Me recuerda a la dictadura argentina cuando lanzaban desde un avión, a veces incluso vivos, a los que querían hacer desaparecer. Aquel prohombre fascista llamado Mussolini, también propuso el despeñamiento desde una roca, emulando a los romanos que lanzaban a los traidores desde la Tarpeya.

    Estos días tengo en mi lecho a Eduardo Mendoza con “El laberinto de las aceitunas” que me divierte añadiendo desatinos, pero, muy diferentes a los que acabo de mencionar, y con toda seguridad igual a los que cuenta en su libro Ramón Díaz. A pesar del tema, te deseo una feliz lectura, queridísimo Fidel.

    Besiños palmeiráns, salgo pitando para tu querida Ribeira.

    NO MARA, SOMETAMOS O MATEMOS A RAMÓN. Es un vItUpErAdOr.

    1. Eu non “recomendo”, atenta e querida Magalena, se acaso, comento, fágome partícipe de lecturas coas que pasei un tempo moi entretido. Se isto é unha recomendación, pois si, malia non ser un apaixonado das novelas de detectives. Aínda que de vez en cando algunhas delas son unha regalía mesmo de alto nivel literario. Que o pases ben en Ribeira.
      Saúde e unha forte aperta.
      E DUAS SAUDE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>