Marina Losada Vicente. Tiña como psicóloga a unha amiga da infancia. Decidiu chamala. Levaba días soñando con poñerlle os cornos ao marido. Xamais o fixera e ben pensou morrer sen ter semellante idea na cabeza, pero a realidade confirmábase cada amencer. O soño da noite acababa cunha nova traizón ao home que durmía con ela. Seguir lendo Vasectomía irreversible
Arquivo da categoría: Marina Losada
De cabichas e tradicións
Marina Losada Vicente. Estaba afeita a ver como a nai tiraba as cabichas do cinceiro á rúa. Escoitaba o levantar da persiana e o correr das cortinas de forma rápida e compasada. O corpo da muller asomaba á xanela que acababa de abrir. Entendo que era o seu primeiro contacto coa luz do día, pois sempre o facía á primeira hora da mañá. Seguir lendo De cabichas e tradicións
Chamábanlle Xeneroso
Marina Losada Vicente. Chamoume a atención a sombra de decepción que debuxaron os seus ollos. Soportou que ninguén dera conta del cun movemento seco de cabeza, coma un tic, que lle fixo mirarse no espello. Pousou a vista na clientela, nas mulleres, tanto nas das mesas como nas da barra. Fun a única que lle sostivo a mirada, pero non o confortou. Dubidou se aínda era o home gallardo que lembraba o forro do seu sombreiro trasnoitado. Seguir lendo Chamábanlle Xeneroso
De corpos e espellos
Marina Losada Vicente. Algo rompeu no seu interior a noite que lle espetaches, con total desprezo, que os peitos (dixeches tetas desinchadas) xa non eran o que foran. Esgazou a súa estima, sentíndose un saco de pel gastado. Coas túas mans buscando xa o sexo, co teu apuro, o corpo deixou de ser de carne e óso para converterse nun escuro burato de silencios. A maioría dos baleiros fanse aos poucos. Seguir lendo De corpos e espellos