Vasectomía irreversible

vasectomiaMarina Losada Vicente. Tiña como psicóloga a unha amiga da infancia. Decidiu chamala. Levaba días soñando con poñerlle os cornos ao marido. Xamais o fixera e ben pensou morrer sen ter semellante idea na cabeza, pero a realidade confirmábase cada amencer. O soño da noite acababa cunha nova traizón ao home que durmía con ela.

Todas as preguntas da amiga obtiñan resposta negativa. O home fixera algún cambio nas súas rutinas, que puidese provocar nela dúbidas e polo tanto, desexo de reparación? Non. A frecuencia do acto sexual na parella experimentara mingua significativa que a puidese deixar nun estado de seca que a levase a buscar outros brazos baixo o feitizo da noite pecha? Non.

            Buscando ao redor, tanto no ámbito laboral como no de lecer, mesmo nos repartidores a domicilio, non apareceu corpo de home algún, dos tipificados nos anuncios de colonias ou de refrescos de cola, que puidese causar no seu inconsciente un desexo de voar fóra do agora “ben mantido” niño familiar.

            Tampouco parecía que fose a rutina a causa. O costume dábase, certo, pero a nivel consciente non era quen de recoñecer nela unha muller esixente ou fantasiosa, e cos anos menos. Pode que nunha primeiría deixase voar a imaxinación, sobre todo de solteira, cando non tiña moita idea do asunto. Pero unha vez casada, e programado o cerebro para a unión carnal co home que escollera, xamais sentiu ningún desexo doutro corpo, nin doutros modos, nin de experimentos.

            A amiga insistiu en que algo novo tiña que ter pasado, mesmo algo que ela gardaba no caixón da memoria e que agora rexurdía. Pois non, aseveraba, nada novo.

No intre de despedirse, e aínda sen conformar na resposta, preguntoulle que lle dixera o médico dos problemas de circulación.

            —Mandoume deixar os anticonceptivos. Agora o asunto é cousa de Roberto, que xa se fixo a vasectomía. Tiñas que oílo, presume de que “adoza pero non engorda”, e non sabes o que me amola!

            —E lo?

            —Capárono a el, pero a min figúraseme que son eu a capada de forma irreversible.  Imaxínate que pasaría se quedo preñada!

5 comentarios en “Vasectomía irreversible

  1. A maioría das persoas que trato teñen mínimo unha rutina. Desde a que cea cada noite unha tortilla francesa ata a que sempre vai ao baño antes de saír da casa. Ao longo dos anos caeron na conta de que é o que mellor lle presta, ata que o colesterol lle amarga a rutina. Na parella pode funcionar a rutina. Agora ben, se aparecen sinais de que non é así, mellor prestarlle atención, certo, Magdalena.

    No que apuntas de quedar preñada, Naty, nin hoxe nin onte foi un problema. No peor dos casos é un desgunto que dura nove meses. Pasado ese tempo, non hai maior felicidade. Bicos desde Rianxo.

  2. Te doy toda la razón, querida Marina, cuando una no se encuentra a gusto, no tiene por que prestarse a ser diana de tiro. Cuando cansados uno del otro se miran ya con odio o indiferencia, mejor cada uno por su lado. Por desgracia hay gente que aguanta toda una vida a quien no debería soportar, pero… Los masoquistas feos tienen su casa llena de espejos.
    Besiños palmeiráns.

  3. Marina: Llego a pensar que el deseo de cambio, en la mujer de tu historia, por aburrimiento o desgana producido por lo que no aporta ningún interés…, deseara “pirarse” y dejar el lecho nupcial.-Sin embargo según voy “desgranando” tu historia, podría pensar que la mujer deseaba un cambio por cansancio, por la rutina diaria, o lo que es peor: POR VICIO. Digo esto porque antaño el vinculo “Sagrado del Matrimonio” debía ser: PARA SIEMPRE, salvos casos “in extremis”. Y aún así, para deshacerte de tu marido, o el revés…tela marinera.

    E non te preocupes, porque se él era o capado…ti non tes porque estar preñada. E, se quedaches, nada pasaría. Non e vergoña oxe.

    Mi recuerdo desde este bello rincón de Palmeira.

  4. Hai casas nas que funciona ben a rutina. E corpos que non precisan máis. Están a gusto co que teñen. O problema aparece por sentir limitada -castrada- unha liberdade persoal da que non pensabas facer uso algún. Non é o mesmo “poder e non querer” que “querer e non poder”. A angustia nace desta segunda opción, aínda que querer non queiras. Bicos, Magdalena.

  5. ¡¡ Ay que bueno !! Pues sí que lo tiene difícil.

    Dicen que hay muchas causas justificadas referente al tedio en la pareja. Decía un escritor ( ahora no recuerdo cual ) “Se reintegra a la casa y se inicia otro aburrimiento, no por soledad, sino por compañía. Es el aburrimiento de saberse de antemano lo que se va a oír”.
    Muy guay, Marina.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *