Marina Losada Vicente. As bragas, como serán as bragas? A súa mellor amiga convídaa a ir con ela ás augas e xamais lle viu as bragas, nin sequera no cordel. Visten ben diferente, dentro das mesmas posibilidades. Amalia tan de escuro, sobria, discreta… Máis que solteira diríase viúva. Remedios colorida, informal, sen chegar ao exceso por non parecerse á súa neta. No balneario compartiran cuarto. Remedios busca bragas máis do xeito de Amalia, para non ferila na súa intimidade. Seguir lendo Algodón branco
Arquivo da categoría: Marina Losada
Cóxegas -íntimas-.
Marina Losada Vicente. Sei que non é fácil para ti darlle voz á chamada do teu corpo de hai un momento. Saída da nada, sen esperala, a invitación a un baile, lento e húmido, que che fai pensar en como explica a inspiración o artista. Seguir lendo Cóxegas -íntimas-.
Avoa
Marina Losada Vicente. Dezasete anos compartindo as noites; eu queixándome nun idioma e ti agarimándome noutro. Nin me dei conta. Para min todo era a mesma fala, a fala da seguridade que emanaba de ti, refuxio. Agora estou no teu lugar. Co neto rianxeiro falo no mesmo idioma que ti comigo. Seguir lendo Avoa
Desengano
Marina Losada Vicente. Mirábame ilusionada desde o caixón, si, pero tamén con picardía. Era tan bonita que nunca chegaba o día de vestila. Nin na festa, que recibía cantareira, nin no aniversario, nin na estrea da obra de teatro, nin na comida do nadal, nin sequera en fin de ano, cando a roupa interior adoita ter un especial protagonismo. A camiseta, que eu acariñaba decotío coa man e coa mirada, pasaba o tempo esperando maiores fazañas. Seguir lendo Desengano