Cóxegas -íntimas-.

65156_173745_1Marina Losada Vicente. Sei que non é fácil para ti darlle voz á chamada do teu corpo de hai un momento. Saída da nada, sen esperala, a invitación a un baile, lento e húmido, que che fai pensar en como explica a inspiración o artista. Algo que está dentro de ti pero que ignoras a súa localización, que non es quen de xestionar, que aparece de súpeto, que te asolaga. E que pide darlle forma. Sabías que quedaba algo dese pouso en ti?

A primeira vez que che baixou do corpo ese suspiro, baixou, si, pois era vaxinal, terías oito anos. Sentada nun banco da alameda, vendo xogar as nenas e os nenos, nun descanso do xogo. Unha calor interna abriu camiño desde algún lugar ao redor da cintura, pola parte anterior do corpo, reclamando atención. Cóxegas entre as pernas. A pesar da sorpresa inicial, atendiches á chamada, si. Apertaches o corpo mal como puideches, grata improvisación, e deixácheste ir nun gozo que, no mesmo instante da posta en escena, intuíches que non era algo para compartir. Xamais o escribirías, nin falarías diso, en todos estes anos.

100_peliculas_que_dan_ganas_de_viajar_93673367_650x935A vida deulle a razón a aquela nena que ti eras. Moi poucas veces acadaches un deleite interior tan intenso de forma compartida. Porque mediaba sempre un compromiso da outra parte difícil de asinar. Mediaba un esforzo que a túa parella prefería saltar. Por iso o corpo, resignado, seguiu agasallándote con eses minutos de sa soidade. E segue facéndoo, a pesar dos anos.

Hai un momento, volveu chamar á túa porta o desexo corporal, húmido e plácido, algo máis sosegado que en tempos, que aprendiches a conter, en espera da situación idónea, ou a abandonalo á súa sorte, no caso de que a urxencia non acadase maior despregar, o que permite que compartas comigo, imaxe de ti mesma na bañeira, esta nova visita. Estarei aquí, para cando atopes o momento de intimidade necesaria e poidamos darlle forma e saída a este novo orgasmo.

3 comentarios en “Cóxegas -íntimas-.

  1. Sempre aprendo algo léndote, Magdalena. Hoxe tiven que ver que eran os salterios que non recordo na miña catequese. O que si recordo eran todas as trabas impostas diante da natural relación das mulleres co seu corpo. Ata o punto de cambiar o nome da mestruación que en Rianxo lle dicían “san xoan”. diante das nenas. Pero ese é outro conto. Grazas Magdalena. Bicos

    1. Xa sabes que “sabe máis o diaño por vello que por diaño”.
      Aquí en Palmeira as rapaciñas que lle chegaba por primeira vez a menstruación decíaselle que: “xa calzara os zocos”. Non podo decirche de donde ven tal frase pero, era así como cho conto.
      Biquiños palmeiráns, Marina. A ver qué sacas da cabeza para a próxima.

  2. Bueno, bueno, bueno, la verdad es que nunca decepcionas, Marina.
    Dicen que la agresividad, como la sexualidad, están programadas genéticamente, y el sobresalto hormonal que acompaña a tempranas edades era motivo del repunte en vulnerar el sexto mandamiento y al que a todas nos tenía esclavizadas con la amenaza del infierno, y con toda seguridad el pescador de almas después de sonsacarnos, él mismo, se entregaba al vicio de Onán. A Dios gracias, eso era en épocas en las que recitábamos los salterios.
    Es un verdadero orgasmo leerte, querida Marina.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *