Arquivo da categoría: Marina Losada

Sufrir -maltrato-

Maltrato-mujer-de-mitrabajosocialpuntocomMarina Losada Vicente. Ás veces toca estar ao outro lado da barreira, pisar terreo que non pensaras. Eu que loito contra todo tipo de machismo, mesmo escrito, defensora da igualdade, que educo o fillo e a filla sen distinción, no intre en que Rebeca mo conta, facéndome cambalear as seguridades e minguar as forzas, conxugo, para os adentros, o verbo sufrir -maltrato-. Seguir lendo Sufrir -maltrato-

E como se chama o meniño?

post_nombres-bebesMarina Losada Vicente. O home di que ás mulleres lles chove. Sendo así, como unhas persoas se mollan e outras non? De poder ter un “modernómetro”, como lle chama a filla, non sería quen de predicir a que nivel chegaría ela. O home non pasaría do menos un, como lle din no hospital ás plantas soterradas, que ese segue como cando nin luz tiñan, capaz de botar un esputo no medio do cuarto. A súa casa é moderna, coma sempre, ou non manda ela en todo? A comida, a limpeza, a roupa… Seguir lendo E como se chama o meniño?

A receita

RECETAS.-ArchivoMarina Losada Vicente. Unha cuartilla apaisada, que ti colocas en vertical, na que figura o teu nome. No reverso inscribes a maior circunferencia posible, a que ten por diámetro a medida dos lados máis curtos. Dentro dese círculo, enmarcado por un cadrado branco cuxos segmentos son fácil de intuír, trazas liñas verticais e horizontais paralelas a estes, cunha distancia entre si dun centímetro. Seguir lendo A receita