A receita

RECETAS.-ArchivoMarina Losada Vicente. Unha cuartilla apaisada, que ti colocas en vertical, na que figura o teu nome. No reverso inscribes a maior circunferencia posible, a que ten por diámetro a medida dos lados máis curtos. Dentro dese círculo, enmarcado por un cadrado branco cuxos segmentos son fácil de intuír, trazas liñas verticais e horizontais paralelas a estes, cunha distancia entre si dun centímetro. Dentro dos cadrados que se forman (un cadrado ten catro eixos de simetría que pasan polo centro), só nos enteiros dentro do círculo, trazas de vértice a vértice dúas diagonais que transforman cada cuadrilátero regular en catro triángulos rectángulos. Dentro de cada triángulo, unha nova liña que os divide en dous. Fórmanse novas figuras e a nova liña que lles debuxas acada o dobre de triángulos, todos isósceles, co que a ti che gustaron sempre os escalenos e os equiláteros. Hipotenusa… canto pracer ter que falar da hipotenusa! Palabra impoñente, hipotenusa!

Dentro de cada nova figura xeométrica (a superficie do triángulo calcúlase multiplicando a metade da base pola altura), colocas un punto. Só un punto. Todos os triángulos (a trigonometría é a parte das matemáticas que estuda o cálculo dos seus ángulos) teñen o seu punto.

avjgiyccqaea-5nNon precisas saber cantos puntos acadou o lapis de grafito de punta fina, pero precisas contar. Un, dos, noventa… paras no 443, como en todos os números primos, pero neste levantas a vista; volves parar no 967, e elevas a mirada. Hai alguén ao outro lado da mesa ollando para ti. Non te ocupa. Segues contando, un a un, e xa pasaches de mil trescentos cincuenta. Levantas a mirada e bebes dunha botella que non sabes que contén. Segues parando nos número primos todos, sen présa en rematar. E rematas: -As mulleres non sodes de contas, nin de números -escoitas na tía voz, pero non lembras cando cho dixeron.

Sen preguntarte quen é a persoa que te mira, contas os cadrados enteiros dentro do círculo que fixeches no inicio, un a un. Cada cadrado deu lugar a dezaseis triángulos rectángulos (para cando un obtusángulo?). E cada triángulo ten o seu propio punto. Contra o encerado que imaxinas, multiplicas 157 x 16; obtés o mesmo número que resultou de facer a conta de un en un. Miras o reloxo. Non sabes canto tempo levas trazando liñas por non ler o nome do diagnóstico que escribiu a doutora na receita. Total para que? Xa che dixo que en minutos ías esquecelo.

2 comentarios en “A receita

  1. Buenos días, Marina:
    Me ha parecido originalísima tu entrada – como cada una de las tuyas – porque realmente siempre son muy singulares, y esa peculiaridad a mí me encanta.
    Yo no entiendo nada de geometría, pero a medida que te iba leyendo iba formando mentalmente esas figuras, de tarea aparentemente rutinaria para ti y llenas de dificultades para mis entendederas, pero que tal como las trazabas las iba dibujando mentalmente. La palabra “hipotenusa” siempre me gustó, completamente de acuerdo, también me parece preciosa.
    A pesar de que para la geometría y los números soy un desastre, me encanta leer todo lo relacionado con ambas cosas. En una ocasión leí que en las culturas griega y hebrea también las letras tenían asociados números, de manera que las palabras podían adquirir diferentes significados místicos. La operación consistía en sumar los números que estaban asociados a cada letra, y la que daba una cantidad mayor se consideraba más importante, por ejemplo, la superioridad de Aquiles frente a Héctor procedía de este cálculo: la palabra Aquiles sumaba 1.276, mientras que Héctor daba como resultado sólo 1.125.
    Lo dicho, Marina, una excelente entrada con un magnífico final. Hasta la próxima.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *