As ensinanzas de don Juan

51+khxCgBgL._SX312_BO1,204,203,200_Gonzalo Trasbach. Un día na piscina, unha veciña de Cespón que estivera vivindo moito anos fóra recoñeceume e logo dunha conversa preguntoume que carreira estudara en Compostela. Díxenlle que Filosofía. E entón ela riuse. Non me pareceu mal. Fíxome lembrar a anécdota, creo que de Tales, cando se meteu nunha charca sen decatarse porque camiñaba abstraído nas súas meditacións, mentres a súa criada se esmendrellaba. Ademais este non é un motivo para anoxarse, e menos indignarse, tal como lle diría o mestre don Juan ao seu alumno, Carlos Castaneda (1925-1998). Por certo, neste ano que agoniza, cumpriuse o 50 aniversario de Las enseñanzas de don Juan, o mítico libro de Castaneda que exerceu unha potente fascinaciónsobre xeracións enteiras de lectores e que se editou por vez primeira en 1968 en inglés pola University of California Press. En España non viu a luz ata 1974.

Aínda que a obra, na que se relatan as ensinanzas que don Juan Matus, un indio bruxo do norte de México, lle imparte ao escritor aficando nos Ánxeles, foi acollida cun enorme entusiasmo no ámbito da contracultura e psicodelia daquela época, o certo é que contén un serio e rigoroso fondo filosófico, en contra dos que pensan que é só un manual para introducirse no mundo da bruxería e de experimentación coas substancias alucinóxenas.

En tal sentido, habería que facer algunhas puntualizacións. Historicamente falando, os estoicos, cínicos e epicúreos, entre outros, fundaron escolas para vivir a filosofía, para vivila en común e aprender xuntos o que importa: como habitar o presente, como prepararse para ser vello, para a morte, como refinar unha percepción non unitaria do mundo, como escapar dun mesmo e prestar atención ao “outro”. É dicir, constituíron laboratorios de pensamento, espazos experimentais de formas de vida, lugares de experiencia. Neste senso, o título La filosofía como forma de vida, do francés Pierre Hadot, encaixa ben neste contexto, mesmo aínda que fale de exercicios espirituais, non no sentido relixioso que nós lembramos, senón entendendo a filosofía como práctica, non como especulación nin como a construción dun sistema teórico: como transformación dun mesmo mediante a discusión, a meditación, a contemplación, o retiro ou exame de conciencia.

2014_julio_02Pero volvamos a don Juan. Que lle ensina este bruxo mexicano a Carlos Castaneda? O camiño para ser un “guerreiro”, a longa experiencia de aprendizaxe para chegar a ser un “home de coñecemento”. O duro traballo que hai que realizar para non ceder ou non caer derrotado diante dos inimigos (medo, claridade, poder e vellez) que se vai atopar durante o interminábel proceso de aprendizaxe. É dicir: aprendizaxe para “levar unha vida impecable”, unha vida vivida deliberadamente. A filosofía como experiencia foxe das facultades e das acedemias para reaparecer no traballo de campo do “bruxo”.

A sabedoría de don Juan reafírmase como vitalista fronte ao discursivo. Amosa regras de conduta para levar unha vida forte e clara no medio dunha realidade que nos debilita, nos dispersa, que nos atorda. Un “guerreiro”, segundo don Juan, non é un soldado en ningunha guerra, senón alguén que pelexa a cada momento en cada xesto por manterse impecable diante das forzas que queren arruinar calquera exercicio de autonomía, atención, percepción ou sentido. O primeiro desafío que se lle formula a un “guerreiro” é aprender a “parar o mundo e ver”. O mundo, explícalle don Juan a un perplexo Castaneda, só é <unha descrición que nos contamos uns aos outros desde que nacemos ata que morremos. Os que se pegan á versión normal da realidade convértense en xente común. Esta versión tórnase sólida coma una roca: “as cousas son así”>.

O “guerreiro” ten que cambiar a súa idea do mundo, darse a si mesmo outra percepción, aprender unha nova descrición das cousas. Castaneda respóndelle que ten un medo atroz a “perderse” se deixa de contarse o relato establecido. Don Juan é un mestre tenro, pero tamén despiedado. Castiga o aprendiz con trucos de maxia e humor, burlándose da torpe fidelidade de Castaneda cara ao que só é unha “versión” da realidade: a risa como una exercicio espiritual. Non só o mundo é unha descrición que nós facemos: <Nós tamén o somos. Presupoñémonos, dámonos por feitos e confirmámonos uns aos outros>. As nosas vidas vólvense “demasiado certas”: “é que eu son así”, “é que tal é así”. Deste xeito, escorremos o mundo coma un trapo, “afogamos” as nosas relacións e “aburrímonos” mortalmente.

220px-Cc1962Nesta mesma dirección, seguindo a don Juan, buscamos constantemente recoñecemento, pero neste movemento quedamos <prisioneiros dos ollos dos demais>.  Pois ese -gústame- só se nos dá ao prezo de colocarnos nun compartimento identitario no que quedamos fixados para sempre. Dende este punto de vista, a fama, o aprecio, é a cadea máis severa. A busca de aplauso, aprobación, esíxenos unha constante repetición e esta subxección debilítanos. Por isto, don Juan invita a Castaneda a “borrar a súa historia persoal”. Neste punto dille: <Deste modo ninguén te amarra cos seus pensamentos>. E logo recoméndalle non supoñer ou idealizar os outros, non deixarse presupoñer nin idealizar. Non dar por feitos os que nos rodean, nin darnos por feitos. Manterse alerta a estar sempre disposto a renovar a mirada sobre os outros cando sexa necesario. O “guerreiro” é aquel que sabe manterse <libre, fluído e imprevisible. Non se aferra á seguridade dunha identidade>.

As ensinanzas de don Juan lémbrannos que vivimos coma se a morte non estivese sempre aí. Por un lado, o noso desexo de inmortalidade tradúcese na idea de que a “vida boa” pasa por acumular cousas e experiencias: relacións, proxectos, viaxes. Non queremos perdernos nada. Non temos tempo para pararnos. Sempre correndo sen chegar a ningún lugar. Vivimos abrazados á trampa da liberdade como “abano de infinitas posibilidades”. Doutro, vivir coma inmortais lévanos a sobrevalorar as situacións: sempre temos tempo para rectificar, para cancelar as consecuencias dos nosos actos. Isto é: amamos a tecnoloxía da covardía. Considerar cada acto coma a última batalla sobre a terra, esa é a tarefa que temos por diante. Como di don Juan: <Sempre lle podemos pedir consello á morte. Ela está ao noso lado toda a vida>.

4 comentarios en “As ensinanzas de don Juan

  1. Querido Gonzalo:

    Aunque hasta pasados los Reyes no tendré un momento de respiro y apenas me asomo al ordenador, me ha “soplado” Magdalena que habías escrito un artículo. Acabo de leerlo y quiero intentar dar una respuesta coherente. No sé si lo lograré, dado el poco tiempo de que dispongo, la extensión del artículo y que no conozco el libro al que te refieres: precisamente en el 74 me vine a Madrid con cinco niños pequeños y una serie de avatares que me obligaron a desligarme de la lectura durante bastante tiempo.
    Totalmente de acuerdo con el “brujo” en que la filosofía de la vida, la experiencia, es mejor maestra que las universidades y academias. Y también que la realidad en la que estamos inmersos, “nos debilita, nos dispersa y nos aturde”, si no somos capaces de ser inteligentemente selectivos ante tanta oferta de intereses.
    La identidad procuro forjármela por mi misma, sin dejarme influenciar; aunque nuca se está libre de algún contagio…
    A mi edad ya no ando para muchos trotes. Sin embargo procuro sacarle esencia a la vida -dentro de mis limitaciones, que son unas cuantas-, tratando de ser útil a los demás; sin perseguir honores y, a poder ser, riéndome de mi propia sombra. Con risa sana, por supuesto. (Reírse de uno mismo es una terapia formidable.)
    Procuro actuar según mi criterio, sin tener en cuenta lo que otros puedan pensar. Ante todo, quiero ser yo misma y no el reflejo de nadie. Y hasta me considero “guerrero” (o “guerrera”), al estilo de don Juan, en cuanto a mantenerme libre -“fluida e imprevisible”, no lo sé-; pero ello no implica que deje de reconocer el buen hacer de los demás, cuando creo que es de ley.
    “No se aferra a la seguridad de una identidad” Me gustaría discutir lo entrecomillado… Pero mañana tengo la casa a tope, son días de mucho trajín y mi cabeza -de razonamiento lento, de suyo- no está para mucha diatriba.
    ¡Arrea! Le he echado un vistazo a lo escrito y veo que no he parado de hablar de mí… Cosas de la edad, supongo; o que por ser tan filosófico el artículo, tiré por donde he podido.
    Que el 2019 te depare lo mejor, Gonzalo.
    Un abrazo

    1. También te deseo una feliz entrada del 2019 en compañía de todos familiares y amigos. Insisto en una antigua idea de la que ya hemos hablado: el autor es lo de menos, lo más importante es la obra. Felises festas dende Boiro.

  2. Buenas noches, Gonzalo:
    Hoy te contesto fuera de mi habitual hora porque hemos estado todo el día de golfos fuera de casa. A veces es conveniente cambiar el decorado en el que se desenvuelve nuestra existencia para así sacudir nuestra mente de preocupaciones, y rodeados de gente importante en nuestra vida hacer lo que tú nos cuentas sobre los estoicos, cínicos y epicúreos, para aprender de unos y de otros la filosofía de la vida y no quedarnos instalados en el pesimismo crónico.
    Me ha sorprendido muy gratamente tu entrada , digo que me ha sorprendido, por ser de índole completamente diferente a todas las anteriores, ya sabes que yo de música… A la mañana, antes de salir, encendí el ordenador y al ver que al fin habías aparecido, quise leer tu entrada pero como J.M me estaba esperando, dejé de lado mi curiosidad y no pude hacer otra cosa más que digerir mi impaciencia. Hace un rato leí el texto un par de veces, como suelo hacer, y me ha parecido muy interesante; (no quiero pasarme en las alabanzas porque conociéndote…) Está muy bien, sin más. Solamente replicarle a don Juan sobre lo que dice de la muerte “Ela está ao noso lado toda a vida”. Es posible que la muerte sea el remedio de todos los males; pero no debemos echar mano de éste hasta última hora.
    Besiños palmeiráns, querido Gonzalo.

    1. Moi ben, amiga Magdalena. Gracias polo teu comentario. Don Juan di algo importante: fala coa túa morte, porque te acompaña toda a vida. É coma cando di que se fale con medo. Se un fala co medo, talvez o poda dominar, o cal non significa que o deixemos de ter. Coido que é un matiz para ter en conta. De todos os xeitos, o mellor está no libro. Só escollín unhas cantas ensinanzas. Agardo que teñas un magnífico 2019, xunto con toda a túa familia, como tamén os participantes e visitantes de este Café. Como desimos en Boiro: Felises festas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>