Don Hamlet, colgado ou suspendido?

Reflejo-succion-700x467Fidel Vidal. Non abonda con amar. Nada diso. É necesario dicilo, expresalo. E xamais renunciar nin ao amor nin ás palabras que o din. Velaí a diferenza entre o amor como afecto e o amor como paixón.

HAMLET.- ¿Que é amor? Ofelia, Amor é seguirte.

A oralidade é a primeira fase do desenvolvemento psicosexual segundo as teorías de Freud. O lugar corporal onde se centra o gozo durante o primeiro ano xira ao redor da boca. A boca non serve só para nutrirse. Mesmo antes do uso nutricional ten como función principal a do gozo. Mamar para comer. Chupar para gozar. Velaí están as fotografías, tiradas dentro do útero, do feto succionado os propios dedos.

De adultos, a oralidade pode confirmarse en comportamentos estritamente sexuais, eróticos ou, como expresión regresiva, poden presentarse en forma de obscenos gruñidos ou transformados en síntomas de trastornos de determinadas condutas, como a bulimia. E mesmo a través da revelación puramente oral (exame oral sobre o comer), verbal, da fala en si (“Vaia bombón!”), de cancións explícitas (“Devórame outra vez”), ou desde a elocuencia duns versos que tratan do desexo:“É o seu peito, a sua boca” digo então,/ e na penumbra do quarto por instantes/ brilha de novo o corpo do desejo. (Eugénio de Andrade)

HAMLET.- Se foras un xerro de prezado viño, [Ofelia], agora mesmo te bebía. ¡Xúrocho polo meu anxo custodio! ¡Quentaría contigo o meu corpo!

O falo simboliza a vida. Esa cousa “enigmática”, universal, máis masculina que feminina, e no entanto tal que a propia femia pódese converter no seu símbolo –di Lacan-. Aí reside a auténtica vida, no inconsciente, un non lugar onde se captura o significado da mesma e no que adquire sentido: o sentido.

maxresdefaultAo final da súa vida, antes de se aforcar cunha corda elaborada de ásperos espartos (como áspero é resistir en Elsinor), Hamlet lémbrase de Ofelia e mándalle recado –de novo o verbo na boca- por Poloño.

(Pon ó pescozo o lazo. Está no máis outo das ameas. De pé. O vento de fora revóalle o roupón)

HAMLET [a Poloño].- (…) Dille a Ofelia que digo Ofelia ó morrer. ¡Fan agora tan ásperos espartos! (Déixase caír do outro lado). (Xornada Terceira, Escea IX, Don Hamlet, Álvaro Cunqueiro)

O nome de Ofelia na boca de Hamlet pouco antes de morrer, aforcado, colgando no alto da torre. Un nome na boca e unha corda no pescozo. Unha forma de exhibición, mesmo de morto, dando o espectáculo con iso que colga. Iso que me colga. Por que dicir o nome de Ofelia -antes de pendurar no alto da amea- como un falo en suspenso? Ou colgado? A roda pode continuar: un significante na cadea dos significantes para outro significante. Palabras, palabras… Colgado ou suspendido? Suspenso. Volveremos en setembro.

2 comentarios en “Don Hamlet, colgado ou suspendido?

  1. No sabes cuanto hay de cierto en esa reflexión, Fidel; bueno, ciertamente, dada tu profesión lo sabes mejor que nadie, ya que es un plus en el conocimiento de la psique. Me refiero a que el amor hay que expresarlo tanto físicamente como verbalmente para que no se convierta en algo monótono y, debemos pensar que solamente tenemos la felicidad que hemos dado, por tanto, demos afecto verbal y regalemos también a diario carantoñas.
    “A boca non serve só para nutrirse”. Otra verdad. Para eso nos han regalado cinco sentidos y debemos aprovecharnos de todos ellos.
    Cuando Colón regresó de su de su primer viaje, se difundió por toda España la noticia de que, al otro lado del océano, existía una tierra increíblemente rica en oro y especias y poblada por inofensivos indios cuyas mujeres iban desnudas y no sabían negarse a un cortejo.
    El fervor patriótico, que había brillado por su ausencia en el primer viaje colombino, arrastró esta vez a una multitud de voluntarios cuando le dijeron: “Allí, más que servir a los reyes y propagar el cristianismo, manejaréis tetas”. Fueron 1.200 hombres según nos cuenta Juan Eslava. Estos, creo que supieron utilizar muy bien todos los sentidos, especialmente el del gusto. Lo digo por las especias.
    Besiños palmeiráns, querido Fidel.
    ATETA

    1. Miña atenta Magdalena:
      Ando un chisco retrasado por culpa das lambonadas propias do tempo. Honra oral ao turrrón, o mazapán, os roscos de viño, e por aí. E, xa vello, boto moito de menos nestas datas, de ben cativo, cando Celia -de xeneroso e pletórico seo- me levaba no seu colo até Frións, a visitar a súa nai Berta que nos agasallaba con pan de ovos e jerez quina.
      O NENO DA TETA E A TETA DO NENO
      Feliz e venturoso ano entrante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *