Limiar Anuario 2018

anuario_barbantiaX. Ricardo Losada. Se ten razón Paul Klee (A arte non reproduce o visible, fai visible), este anuario é arte. Facer visibles persoas, acontecementos e documentos que de outro xeito se perderían para sempre no inconsciente da historia é o seu obxectivo máis inmediato. E digo inconsciente, conscientemente. Porque esas persoas, acontecementos e documentos seguirían influíndo no noso comportamento sen dármonos conta e, xa que logo, dunha forma individual e socialmente patolóxica. Se negar que un está dominado por unha droga é, moitas veces, un síntoma de adicción a esa droga, negar que un está dominado pola ignorancia, é tamén un síntoma de adicción á ignorancia. Unha persoa, unha familia, unha vila, unha comarca, un país están enfermos se non coñecen a súa historia. Facela explícita é a única forma de recoñecer e superar esa patoloxía.

     Adoita dicirse que os adultos perdemos a capacidade infantil de sorprendernos e de sentirmos curiosidade polo que nos rodea. Devolvernos esa capacidade, ilusionarnos con saber máis sobre a nosa comarca, é outra das funcións deste anuario. Se sentado á mesa, din os xogadores de póker, non dás co paspán a quen desplumar, é que o paspán es ti. O mesmo pode dicirse da mesa desa partida de póker que é a vida social. Se vivindo en sociedade (xa sexa globalmente ou nunha familia, nun partido político, sindicato ou asociación cultural), nunca pensaches que es un paspán a quen están a desplumar, é que es un paspán. A única forma de non selo é pensar que podes selo, estar ben informado e ter conciencia crítica. É dicir: carecer de información relevante sobre o mundo no inconsciente, e ter a seguridade de que a información que manexas a nivel consciente é fiable.

     Publícanse cada mes ducias de artigos e libros afirmando que vivimos no mundo da posverdade e das fake news como se iso fose (outra fake new) unha novidade. Hai dous mil cincocentos anos os filósofos sofistas xa lles recomendaban aos alumnos que, para triunfar en política, tiñan que despreocuparse de manter unha relación obxectiva entre linguaxe e realidade. Amo o meu país era unha frase verdadeira, non se ti amabas realmente o teu país, senón se aqueles aos que te dirixías o crían. E se ti amabas o teu país, pero os demais non o crían, a frase era falsa. Millóns de persoas seguen hoxe as directrices sofistas nas redes sociais sen ter oído nunca falar deles. Por iso, cando lles pregunto aos alumnos de onde sacaron a información para realizar un traballo ou unha exposición, se me din, todos cheos (son nativos dixitais), De internet, sen concretar máis, póñolles de inmediato un negativo. A maior parte da información que hai en internet é borralla, dígolles. E recórdolles unha frase marabillosa de Gabriel Insausti: “A linguaxe é á vez o calabozo e a evasión”.

      Comprobando cada día en televisión, nos parlamentos ou nas redes sociais a razón que tiñan os sofistas, un ten ganas de renunciar á actividade cultural e crítica. A linguaxe é un calabozo e nunca deixará de selo. Pero axiña intervén esa parte consciente e infantil da miña mente que ten curiosidade e se fai preguntas para rexeitar ese pesimismo, e que segue necesitando crer que o bo uso da linguaxe é imprescindible para evadirse de calquera calabozo. Os negros, as mulleres, os homosexuais, os galegofalantes e moitos outros grupos discriminados nacían, non hai moito tempo, no cárcere. Hoxe gozan de liberdade, unha liberdade a veces condicional, é certo, pero liberdade. Por que? Porque en todas as épocas houbo persoas que seguiron buscando a correspondencia da linguaxe coa realidade, e chamándolle ás cousas polo seu nome.

      Con este anuario, Barbantia tamén aposta pola correspondencia entre a linguaxe e a realidade do Barbanza, entendendo Barbanza como o que realmente é: un microcosmos, unha sinécdoque do mundo.

5 comentarios en “Limiar Anuario 2018

  1. Muchas gracias por tu amabilidad y por tus palabras , querido profesor. También pedirte disculpas por la errata “insimismada” en lugar de ensimismada . Me dí cuenta después de haberlo enviado, y eso que el corrector me estaba indicando con su señal de rubor con puntitos rojos, que abriera la imaginación, pero ni con esas . Sí, así soy yo, una caja de decepciones. Pido benevolencia a la hora de las notas, querido profe.
    Besiños palmeiráns.

  2. Prezada Magdalena:
    Estou intentando mandar a resposta ao teu comentario e non dá entrado. Xa comezo a ter o síndrome Carmen (con perdón) co ordenador. Creo que é a quinta ou sexta vez que o intento. E non creo que sexa unha inocentada porque a resposta ao comentario de Carmen entroume á primeira. En fin:
    1- Hoxe lin un artigo na que un tal Santiago Gerchunoff dicía que a filosofía non morreu porque, ao igual que a ironía, brota cando discursos con pretensións de verdade se enfrontan públicamente. E acaba dicindo algo moi interesante: “Publícase menos filosofía, pero hai maior interese polo pensamento”, xa que o artigo di que a publicación de libros de filosofía se reduciu un 62% nos últimos sete anos. Salvando as distancias, consciente ou inconscientemente, como dis ti, gustaríame que ese fose o meu caso.
    2- Dáme a impresión de que moitos dos que escriben en Barbantia tamén están nesa liña.
    3- O problema, creo eu, non é que haxa xente con nulas inquietudes culturais senón que haxa xente con moitas inquietudes culturais que non lle serven para nada. É mellor non ler nada que ler uns cantos libros e crer que sabes, como fan eses tertulianos aos que te refires.
    4-Desfruto moito dos teus comentarios. Absurdo que te compares con eses futbolistas.

    Apertas rianxeiras e un moi feliz ano 2019

  3. Prezada Carmen:

    1- Teño que ir a Miraflores de la Sierra. Xa me entra a curiosidade. Agrádame que digas que ten, como Rianxo, moitos “rincones con solera”. É unha das características que máis me agrada das cidades ou vilas que visito.
    2- Paul Klee é un dos meus pintores preferidos. E a frase que cito paréceme moi precisa. Incluso me atrevería a engadirlle algo: “A arte fai visible o visible”, aínda que ese non sexa, ao meu entender, o seu sentido principal. A el mesmo lle pasou. Tardou en apreciar a importancia da cor.
    3- Hai quen pensa que se le para saber máis. Incauto. Lese para saber que canto máis les menos sabes. Un bo libro abre ducias de portas, e só podes entrar nunhas poucas. Proba co anuario de Barbantia. Asómbrame a cantidade de cousas que non sei sobre un lugar tan pequeno como o Barbanza.
    4- Sócrates era marabilloso porque nos dicía como debe ser o mundo. Os sofistas son marabillosos porque nos din como é o mundo. Ambos son imprescindibles.
    5- Cando aprobei a oposición, púxenme un único obxectivo: que cando os meus alumnos oísen a palabra filosofía, oísen unha palabra amiga. Oxalá teñas razón.
    6- Hai moitas máis cousas que podía comentar, pero… Confórmome con valorar finalmente o ton do teu comentario. Consegues que pareza que estamos realmente nunha conversa de cafetería, e iso é moi difícil e moi fermoso. José María estaría encantado de conversar con nós.
    Feliz ano tamén para ti e para toda a túa familia e amigos

  4. Querido Profesor:

    Esta Nochebuena la pasé en Miraflores de la Sierra…
    No sé por qué; pero este bonito pueblo siempre me hace recordar a Rianxo (creo haberlo dicho en otra ocasión), a pesar de estar asentado en la ladera de un monte, hasta la mismísima cima, y carecer de mar. Lo peor es cuando me toca la subida: no tengo más remedio que hacer varios altos en el camino, para evitar que una taquicardia me deje en el sitio. (Lo de recordarme a Rianxo debe de ser porque también aquí encuentras muchos rincones con solera).
    Paul Klee… Con este pintor me ocurre lo mismo que con Kandinsky: al margen de lo que pretende transmitir, me gusta el colorido de su obra. No alcanzo mucho más allá…; pero la encuentro atractiva, su relación con la música es evidente y me hace reflexionar hasta donde mi raciocinio puede llegar.
    Me puse al tanto de la vida y obra de Paul Klee hace algunos años, en unas charlas -“El tiempo de la Bauhaus”- a las que asistí con motivo de una exposición del artista. Desde luego que la exposición y las charlas influyeron en mi comportamiento, ya que al llegar a casa me iba a la “Summa Pictórica” a completar lo que había visto y oído. Como me ocurre con Barbantia, que, a través de vosotros los articulistas, hace visible lo que para muchos -yo, la primera- estaba oculto. Espero superar la patología de no conocer debidamente los aconteceres de mi comarca natal. No quisiera comportarme como una “paspana” (supongo que significará lo mismo que “papona”); por eso he pedido a los Reyes un ordenador en condiciones, ya que el que tengo -de tercera mano- me deja colgada a cada instante, viéndome obligada a apagar a lo bestia perdiendo el hilo de lo que escribo.
    No creo que de adultos perdamos la capacidad infantil de maravillarnos… Compadezco al adulto que le ocurre tal cosa.
    No me gusta el comportamiento sofista. Sin embargo son ellos los que triunfan en la actualidad: para algunos es muy fácil hacer que veas lo negro como si fuese blanco, o a la inversa, arrastrando con ello a la masa incauta.
    Me encanta tu manera de enseñar. No me extraña que los alumnos te metan a veces en compromisos… Eso te ocurre por ser buen maestro.
    Estoy de acuerdo en que el lenguaje es un calabozo (por diversas razones nunca puedes expresar lo que realmente sientes); la cuestión es transformarlo en una evasión controlada y sincera.
    Verdaderamente aleccionador tu artículo.
    Quisiera agradecer, a través de este espacio, el detalle tan bonito que tuvo el maestro y escritor don José Mª Rodríguez Tubío, de regalarme dedicado, junto a Magdalena -que ya lo leyó y le encantó- su libro “Liorta viquinga”, del que haces tan espléndida crítica. Lo leeré en cuanto lo tenga en mis manos.
    Un Abrazo, grande, con el deseo de que el 2019 te traiga lo mejor; y con la esperanza de que “hay un futuro para el mundo cerca”, como predijo Paul Klee.

  5. Querido profesor:
    Disfruto siempre muchísimo con tus juegos verbales, porque de ellos sale a relucir consciente o inconscientemente el filósofo que los transmite.
    No me cabe la menor duda de que vuestro anuario sea arte. Claro que es arte todo lo que en Barbantia se publica, porque la variedad de textos que cada día nos regaláis, hace multiplicar la imaginación de quien los lee. Ya me dirás como poder conseguirlo. Gracias, profe.
    Es muy razonable lo que dices sobre el síntoma de la ignorancia. Las raras veces que por casualidad escucho los deportes después del telediario y oigo los balbuceos de los futbolistas semianalfabetos como yo, pienso que en lugar de amasar tanta plata mejor les valdría un patrimonio cultural más amplio.
    El lenguaje y la realidad que predicaban los sofistas también había que introducirlo en las tertulias políticas de hoy en día, cuando los llamados tertulianos arman un guirigay que no se entiende lo que dicen porque hablan al unísono interrumpiéndose, sin respetar turnos y levantando la voz. Esos también necesitaban de esas consignas filosóficas.

    He leído ya el libro de José María “Liorta viquinga” y me he pasado unas horas insimismada en la lectura. Es una novela sencilla, amena, e incluso conmovedora, y he podido tener la satisfacción de darle ya las gracias al autor. Gracias también a ti por haber sido la bifurcación del sendero que ha propiciado el encuentro con una persona tan grata al trato.
    Besiños palmeiráns, profesor. A ver si ahora consigo también el anuario barbantiano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *