Marina Losada Vicente. Sentiuse cansa; cansa, cansa, cansa. Moito. Díxollo con todas as súas forzas. Non podo máis. Basta. Non permitirei que isto continúe así. De ningunha das maneiras. Hai que pórlle freo á situación. Seguir lendo Desquite do destino
Arquivo da categoría: Marina Losada
Tres portas -tres-
Marina Losada Vicente. Escribir un texto para que ti o leas, para que digas, vaia, quizais… pode que si sexa para tanto, farta de que a voz non chegue. Trazar as liñas capaces de facer que te poñas no meu lugar e entendas por que pechei as portas todas. Reflectir como eran as cousas na casa, no silencio. Parágrafos nos que debuxe como me encollía. Frases que percorran o camiño da desintegración como persoa. Un proceso de redución das dimensións sólidas e non sólidas. Palabras que conformen o sentir, o sentirme, sendo a receptora nunha realidade na que te dobrega o desamparo. Ben, vouno intentar. Vou facerche sitio. Tentarei acomodo para ti. Que te sintas no meu corpo nas horas baixas da noite. Seguir lendo Tres portas -tres-
Pautas na noite
Marina Losada Vicente. Houbo unha época en que non me pasaba; unha estadía anterior en que non me ocorrían estas cousas. Unha vida en que sentía que tragar, tolerar, sumar era a condición natural, en que a miña capacidade de almacenamento era enorme, todo metido para dentro, un depósito elástico que adaptaba forma e tamaño a canto entraba nel. Seguir lendo Pautas na noite
A palabra máis bonita
Marina Losada Vicente. A palabra era… un baile; esa era a palabra que eu quería poñer. No seu lugar escribín… non me acordo! Bolboreta, pode ser. Na miña cabeza campaba, de forma case insultante, un cantar de taberna. Como nun xogo, e desde a punta da lingua, a imaxe de baile facía eco nun teito de cristal que rompía en mil cachos contra o meu cerebro, indefenso ante tal tortura.
No panel que facía de taboleiro á entrada dunha libraría, outras moitas palabras: Vagalume, fervenza, morriña, nai, bico, xuntanza… Baixabamos pola rúa do Pilar, atrás a praza de Cervantes; a foto xa estaba no Facebook da miña compañeira, e polo tanto, no meu muro. Seguir lendo A palabra máis bonita