A palabra máis bonita

6394871399752725Marina Losada Vicente. A palabra era… un baile; esa era a palabra que eu quería poñer. No seu lugar escribín… non me acordo! Bolboreta, pode ser. Na miña cabeza campaba, de forma case insultante, un cantar de taberna. Como nun xogo, e desde a punta da lingua, a imaxe de baile facía eco nun teito de cristal que rompía en mil cachos contra o meu cerebro, indefenso ante tal tortura.

No panel que facía de taboleiro á entrada dunha libraría, outras moitas palabras: Vagalume, fervenza, morriña, nai, bico, xuntanza… Baixabamos pola rúa do Pilar, atrás a praza de Cervantes; a foto xa estaba no Facebook da miña compañeira, e polo tanto, no meu muro. Eu camiñaba rápido para acomodarme ao seu andar, acostumado a subir e baixar costas, igual que facía con papá cando me levaba de paseo.

            “Xa me dixo teu pai que te saque a bailar…”. Non era esa, aínda que andaba cerca. A canción abríame a porta do baile de Rubén, a menos de vinte metros da miña casa. Eu era unha nena no tempo en que a rúa era a casa, a non ser pola noite, que te recollían as mulleres todas. Nada tiña que temer das paredes sen teito que era a rúa de Arriba, pero si do baile. Eu era unha nena e o baile, unha das habitacións da casa. Como en todos os corredores, as curiosas tiñamos ocasión de abicar pola porta para saber que facían os maiores. Tiñamos ocasión de escoitar, supoñer, interpretar; máis xamais tiñamos ocasión de preguntar. Unha chea delas como castigo se tiñan testemuñas as túas ousadías. A luz que saía do baile alumeaba as mans que, uns metros atrás, diante da escuridade toda, eran quen de facerse algunha caricia.

            “Xa me dixo teu pai que te saque a bailar…” As parellas ían collidas do brazo. “Xa mo dixo teu pai…”. As mulleres batían as palmas cara a min, como quen escorrenta as galiñas cara ao galiñeiro. Eu daba un chimpo e corría a meterme dentro da casa. “E no medio do baile que te deixe quedar...”, berráballes eu.

              Aparecen os primeiros comentarios no fb; unha amiga da nova fornada internáutica, pregunta que de quen é ese “fornido” corpo que collo de costas para sacar a bailar no medio dunha rúa de Santiago. Alicia mírame e suxíreme a resposta, pero eu non atendo.

            “Na festa de Guadalupe non me quixeches bailar, tes moito arruallo nena, pero non te has de casar”. Arruallo, esa é a miña verba favorita. Moito.

5 comentarios en “A palabra máis bonita

  1. Marina: Me ha gustado tu artículo porque, aparte de recordarme mi niñez y adolescencia; hay algo muy curioso, te cuento: siempre me ha gustado la música, por eso en mi juventud empecé a estudiar solfeo; pero que pronto abandoné. Sin embargo hoy, y a mi edad (que no es poca), volví a retomarlo de nuevo. Y más curioso todavía: que lo primero que aprendí a tocar, puedes creerme, ha sido “xa me dixo teu pai que te saque a bailar, e deixala quedar no medio da danza” o algo así. Al parecer se referían a cuando la chica era un tanto “tiquismiquis”, a la hora de sacarla a bailar algún muchacho. Espero haber coincidido con la canción que tu mencionas en el texto.
    Todos los días; ya se ha hecho un hábito en mí, me siento ante el piano y “champurreo” la susodicha pieza. Fue ella la que me inspiró a hacer el comentario; me refiero al título de la misma. Supongo habré dado “alguna nota en el clavo”, respecto a tu artículo, ya que igual me he ido por “los cerros de Úbeda”. Gracias, es agradable recordar.

  2. Un buen artículo para releerlo. Permíteme que me vaya por los cerros de Úbeda, Marina, y te conteste como al querido Fidel, con algo de mi cosecha aunque no tenga mucho que ver con lo que expresáis.

    También a mí me encanta esa palabra,”arruallo” pero aquí en Palmeira cambiamos la u por la o, “eres un arroallento” decimos de alguien que entra en un grupo desestabilizándolo todo. No sé si lo que tú dices, Marina, tendrá el mismo significado, pero por el contexto de la frase, me da que no. Bolboreta también es una de mis favoritas, y también, vagariño. La palabra arpegio me parece preciosa igual que plenilunio.
    Woody Allen decía: “La palabra más bonita del mundo no es “te quiero” es “benigno”.

    Besiños palmeiráns, Marina.

    1. Ola, Magdalena: Arruallo para mín quere dicir “aprecio por ti mesma”; por eso me gusta a palabra. No contexto do cantar, “darse moito valor”, “terse por moita cousa”, tanto que non queres bailar con quen cho pide. Por iso sentenzan os versos que non te has de casar… Bicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>