Gonzalo Trasbach. A colleita musical do ano de graza de 1967 deixounos froitos moi saborosos na estación de outono. Sen dúbida un deles é “Forever Changes” de Love, un dos mellores discos daquela década, aínda que, diante da esmagadora avalancha que xeraron os albumes dos Beatles, Rolling, Hendrix, Pink Floyd e mesmo o “The Who Sell Out”, pasou case desapercibido. Pero co xirar dos anos gañou en importancia e recoñecemento, o que ao mesmo tempo nos permitiu descubrir que tamén había vida sonora máis aló dos grandes da historia. Seguir lendo Froitos tardíos: “Forever Changes”, de Love
Arquivo da categoría: Música
PJ Harvey: dama en negro con saxofón
Gonzalo Trasbach. Estraña tarde a daquel 23 de agosto pasado. Aínda fumegaban os cadáveres dos mortos nos atentados de Barcelona e Cambrils. Mais a programación obrigaba. No escenario montado no Poble Espanyol aparece, diante duns tres mil espectadores, unha radiante Polly Jean Harvey (Somerset, England, 9/10/1969): vestida de rigoroso negro, coma o resto da súa numerosa banda, encabezado polos seus dous máis fieis músicos, John Parish e Mick Harvey, e leva un saxofón entre as mans: liturxia e cerimonial en escena. Seguir lendo PJ Harvey: dama en negro con saxofón
Talking Heads no meu corazón
Gonzalo Trasbach. Tirando do limo do recordo, ese fío que aínda me mantén vivo logo de tantas travesías, evoco o 1977, un ano moi importante na miña vida. Xa dixen nunha ocasión, que foi cando o Ulysses entrou na miña casa. Naquel tempo, se non me trabuco, bateu na miña xanela a Chuvia oblicua de Fernando Pessoa. Pero tamén atopei unha divertida vía de escape no cinema coa chegada das novas películas de ciencia ficción: La guerra de las Galaxias (George Lucas) e Encuentros en la tercera fase (Steven Spielberg). Seguir lendo Talking Heads no meu corazón
Souteliño
Xosé Manuel Lobato. Despídese un solleiro día do mes de agosto deste val, unha fermosa cunca profunda entre montañas fumegantes, doentes serras que foron devoradas polas lapas implacables deste verán. Chiscar ata esgotar os últimos folgos dunhas raiolas solares que xa expiran, mais a noite que nos abraza semella que emerxe luminosa, por detrás da Serra da Lúa comeza a divisarse o máxico encanto dun intenso plenilunio. Seguir lendo Souteliño