Arquivo da categoría: Música

Cassandra & Specks

Cassandra-billieGonzalo Trasbach. Aproveitando o material acumulado para o segundo volume da miña “Caligrafía sonora feminina” (“das divas dos oitenta e noventa até as novas aspirantes”), atópome dous nomes que este ano teñen publicado cadanseu disco: Cassandra Wilson e Cold Specks. Coido que, sendo bastante diferentes, os traballos destas donas de ébano merecen un pouco de atención, malia a calor deste verao. No ano no que Billie Holiday (1915-1959) tería cumprido un século de vida, a cantante de jazz Casandra Wilson (Jackson-Mississipi, 1955) homenaxea a Lady Day cun álbum co que lle dá un novo xiro á súa carreira artística. Seguir lendo Cassandra & Specks

Brian Jones na memoria

brian-jones1Gonzalo Trasbach. Na madrugada do 3 de xullo o 1969, Brian Jones, o fundador dos aínda moi celebrados, odiados ou amados, Rolling Stones, apareceu morto, afogado na piscina da súa casa, mentres os seus compañeiros de banda, da cal fora expulsado polos seus problemas coas drogas, atopábanse nun estudio de gravación. Os Stones tiñan previsto ofrecer dous días despois en Hyde Park un concerto gratuíto. En vez de aprazalo, as súas satánicas maxestades (agora aborrecíbeis maxestades) presentaron a ocasión para realizar unha homenaxe ao falecido. Seguir lendo Brian Jones na memoria

A exquisita colleita do 1915: Billie Holiday, Orson Wells, Édith Piaf…

piaf 1Gonzalo Trasbach. No xogo dos aniversarios, centenarios ou efemérides, nos que ás veces lembramos as datas de nacemento ou falecemento de figuras artísticas e culturais que nos interesan, o pasado mes lembramos aquí a Billie Holiday, co gallo do seu centenario, pois a diva do jazz tiña nacido un 7 de abril de 1915, un ano no que viñeron ao mundo outros afamados persoeiros e personaxes. Nestes días todos os medios celebraron o século dun mito do celuloide e dun home de acentuada carnalidade e personalidade: Orson Wells (6/05/1915-10/10/1985). Seguir lendo A exquisita colleita do 1915: Billie Holiday, Orson Wells, Édith Piaf…

Queridas Amy e Courtney: cálidas apertas

amyGonzalo Trasbach. Estou metido nun traballo de formiga que, cando o remate, penso titular “Caligrafía sonora feminina”. E, sen querer, atópome con que dúas das moitas artistas que figuran na miña pequena constelación están sendo noticia nestes días con motivo de cadanseu filme cos que están relacionadas directamente e que espertaron e van seguir espertando controversia nos medios americanos e británicos. Estamos a falar de Amy Winehouse, falecida no 2011, e de Courtney Love, muller do mítico Kurt Cobain, líder de Nirvana e que se suicidou hai 21 anos. Seguir lendo Queridas Amy e Courtney: cálidas apertas