Antón Riveiro Coello. Non hai moito estaba a ver a envolvente serie británica Broadchurch e fiquei hipnotizado pola súa impresionante banda sonora. Esta foi a maneira de chegar a Ólafur Arnalds, un polifacético músico e compositor islandés (1986) que me atrapou coas súas composicións de cámara ás que lles engade, ao estilo de Sigur Ros, elementos tecnolóxicos, instrumentais e do rock. Resulta cando menos insólito que este artista minimalista, neoclásico, se formase como batería en bandas mesmo de hardcore. Seguir lendo Ólafur Arnalds, a prolongación do silencio
Arquivo da categoría: Música
Perlas sonoras que nos deixou o 2013
Gonzalo Trasbach. Foi o 2013 un ano convulso. Estalaron movementos populares en todo o mundo para cuestionar o poder ou esixir mellores condicións de vida, mentres que nunha Europa ferida de morte a xenofobia espallouse coma unha peste. Unha vez máis a música canalizou este espírito de resistencia e exerceu de altofalante da disidencia. E fíxoo de múltiples maneiras, como tamén se di o amor: houbo respostas que se cinguiron a un mundo que se volveu máis áspero, inconfortable, frío e alucinado. Seguir lendo Perlas sonoras que nos deixou o 2013